A Xunta activa a alerta laranxa por vento no oeste e suroeste da Coruña

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Suspéndese por este motivo hoxe pola mañá as actividades no exterior dos centros educativos e a actividade deportiva federada nas zonas oeste e suroeste da provincia da Coruña en horario de mañá
  • Tamén continúa activa a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral de Pontevedra e no oeste e suroeste da costa coruñesa, motivo polo que se suspende a actividade deportiva federada no mar en toda Galicia
  • Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2025

A Xunta avisa de que está activa e en curso a alerta laranxa por vento no oeste e suroeste da Coruña e tamén está activa na xornada de hoxe o aviso de nivel laranxa tanto no litoral de Pontevedra como no oeste e suroeste da costa coruñesa.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a  Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento en curso está activo no oeste e suroeste da Coruña por ventos de compoñente sur con rachas de 110 quilómetros por hora. Por este motivo, a  Comisión Escolar de Alertas vén de decretar a suspensión de actividades no exterior dos centros educativos das zonas oeste e suroeste da provincia da Coruña en horario de mañá polo aviso deste fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento, tal e como establece o novo Protocolo para a coordinación de actuacións no ámbito educativo nos supostos de alerta meteorolóxica. A decisión foi tomada polo ente técnico logo de reunirse a primeira hora desta mañá logo recibir notificación por parte da Aemet da elevación do nivel de alerta ás 08,01 horas.

As zonas afectadas comprenden os concellos Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo, Zas, Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois. 

A Comisión Escolar de Alertas está formada por membros das consellerías de Presidencia, Xustiza e Deportes; Medio Ambiente e Cambio Climático; Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e Política Social.

Ademais, a Secretaría Xeral para o Deporte comunica que nas mesmas zonas do oeste e suroeste da provincia coruñesa suspenderase tamén a actividade deportiva federada. 

Tamén se mantén activa a alerta laranxa no litoral de Pontevedra e no oeste e suroeste da costa coruñesa por vento do sur ou sureste de ata forza 9, con rachas moi fortes, e mar combinada do sur ou suroeste con ondas de ata 7 metros. Por ese motivo, a Secretaría Xeral para o Deporte suspende a actividade deportiva federada no mar nesas áreas. A limitación estará activa todo o día no oeste da Coruña, ata as 17,00 horas no suroeste desta provincia, e ata as 15,00 horas nas Rías Baixas e Miño de Pontevedra.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, sinálase a importancia de retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e fiestras, e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, de árbores, de paneis publicitarios e de obxectos susceptibles de desprazarse con vento.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/03/2025
953114 {"title":"A Xunta activa a alerta laranxa por vento no oeste e suroeste da Coruña","published_date":"2025-03-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/167241-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"953114"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-20/953114-xunta-activa-alerta-laranxa-vento-oeste-e-suroeste-da-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.