A Xunta financia con 10.000 euros melloras na sede da Asociación Veciñal de Miranda, en Castroverde
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A entidade inaugurou o reformado local cunha xornada lúdica e cultural á que asistiu o delegado territorial de Lugo, Javier Arias
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Castroverde (Lugo), 19 de marzo de 2025
A Asociación Cultural e Veciñal de Miranda, en Castroverde, celebrou hoxe a inauguración do seu reformado local social logo das obras de mellora que acometeron, para as que a Xunta de Galicia achegou 10.000 euros.
Nos actos participou o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, que explicou que os traballos financiados polo Goberno galego permitiron incrementar o confort, seguridade e accesibilidade da sede, situada na antiga escola da localidade.
En concreto, a Dirección Xeral de Administración Local outorgou unha axuda ao abeiro do plan específico de acción comunitaria que serviu para instalar sistemas de climatización nas dúas plantas, pintar as estancias, cambiar a porta principal por outra máis segura, incorporar unha rampla de acceso e realizar melloras na instalación eléctrica e fontanería.
O delegado subliñou "o papel fundamental do movemento veciñal para dinamizar a vida social e cultural no rural", e citou como proba "o empuxe da asociación de Miranda, que promoveu a rehabilitación da antiga escola para dispor dun centro de reunión no que convocar actividades como esta e seguir proxectando iniciativas que enriquezan a comunidade".
Neste sentido, a xornada lúdica e cultural de hoxe incluíu unha mesa de traballo para avanzar nos propósitos do colectivo de difundir a importancia histórica e o potencial turístico da Vía XIX e recuperar a feira tradicional de Miranda.