A Xunta e a USC apostan por ampliar a oferta de docencia clínica para garantir a máxima calidade da formación aos 1.500 estudantes de Medicina que realizarán prácticas de modo simultáneo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  •  A partir do mes de maio, un grupo de traballo planificará a docencia práctica do alumnado de 5º nos hospitais de Vigo e da Coruña desde o curso 2026-2027 
  • Gómez Caamaño subliña que este proceso busca fortalecer a oferta formativa e optimizar o potencial que ten a sanidade pública galega nos seus hospitais
  • A Xunta e a USC concordan na oportunidade de aproveitar ao máximo o talento humano e os recursos materiais que ofrece todo o Servizo Galego de Saúde, mantendo unha única facultade de Medicina en Santiago de Compostela 
  • Acordan ir dando os pasos necesarios, de xeito dialogado con todos os axentes implicados, para avanzar cara a un modelo de optimización da docencia clínica de Medicina que se realice de xeito transparente, ordenado e consensuado
Imagen del artículo A Xunta e a USC apostan por ampliar a oferta de docencia clínica para garantir a máxima calidade da formación aos 1.500 estudantes de Medicina que realizarán prácticas de modo simultáneo
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela apostan por ampliar a oferta de docencia clínica para garantir a máxima calidade da formación aos máis de 1.500 estudantes de Medicina que realizarán prácticas de xeito simultáneo. 

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González, reuníronse esta mañá co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, e co decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez Escudero. Á xuntanza asistiron, tamén o director xeral de Universidades, José Alberto Díez, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada.

Nas súas declaracións ao remate da reunión, o conselleiro de Sanidade adiantou que a partir de maio, en canto se renove o equipo do decanato do grao de Medicina, un grupo de traballo planificará o inicio da impartición da docencia clínica en dous hospitais públicos universitarios de alto nivel, como son os da Coruña e de Vigo. 

A previsión, segundo destacou, é que o alumnado de 5º curso poida realizar as prácticas clínicas no curso 2026-2027, ademais de no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela ou en centros de saúde, tamén nos Complexos Hospitalarios Universitarios da Coruña ou de Vigo.

A Xunta e a USC coinciden na necesidade de avanzar no desenvolvemento do acordo para a impartición da docencia clínica de Medicina asinado no ano 2015 coas universidades da Coruña e de Vigo co obxectivo de aproveitar ao máximo as capacidades do sistema sanitario galego e a ofrecer a mellor formación ao alumnado de Medicina. 

A tal efecto, o Executivo galego e a universidade compostelá concordan na oportunidade de aproveitar ao máximo o talento humano e os recursos materiais que ofrece todo o Servizo Galego de Saúde, mantendo unha única facultade de Medicina en Santiago de Compostela. 

Transparente, ordenado e consensuado

Na xuntanza desta mañá, Xunta e Universidade de Santiago de Compostela acordaron ir dando os pasos necesarios, de xeito dialogado con todos os axentes implicados, para avanzar cara a un modelo de optimización da docencia clínica de Medicina que se desenvolverá de xeito transparente, ordenado e consensuado con todos os axentes implicados.

O obxectivo é acadar a optimización da oferta formativa e o mellor aproveitamento do potencial que ten a sanidade pública galega nos seus hospitais. 

Tamén se pretende optimizar os recursos existentes para acadar unha distribución máis eficiente da aprendizaxe e ofrecer unha formación de excelencia aos futuros médicos que se están a formar na nosa comunidade.

Gómez Caamaño subliñou o notable incremento de estudantes que experimentou a Facultade de Medicina nos últimos anos. Explicou que desde o curso 2022-2023, inician cada anos os seus estudos 403 novos alumnos. Isto significa que pronto haberá máis de 1.500 futuros médicos realizando prácticas clínicas de xeito simultáneo, de aí a importancia de avanzar no proceso de optimización da docencia clínica para garantir a mellor formación dos alumnos de Medicina.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 19/03/2025
953059 {"title":"A Xunta e a USC apostan por ampliar a oferta de docencia clínica para garantir a máxima calidade da formación aos 1.500 estudantes de Medicina que realizarán prácticas de modo simultáneo","published_date":"2025-03-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/167191-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"953059"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-19/953059-xunta-e-usc-apostan-ampliar-oferta-docencia-clinica-garantir-maxima-calidade-da-formacion-aos-1-500-estudantes-medicina-realizaran-practicas-modo-simultaneo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.