Medio Rural reafirma no concello ourensán da Veiga a súa aposta polos produtos de proximidade do agro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira, María José Gómez, visitou diferentes centros relacionados coa posta en valor das producións locais, que definiu como claves no desenvolvemento e dinamización da súa economía
- A Xunta destinou máis de 350.000 euros á posta en marcha da aldea modelo de Meixide, neste termo municipal, e vén colaborando co Concello en materia de fomento forestal e de defensa contra incendios
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Veiga (Ourense), 18 de marzo de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reafirmou hoxe a aposta da Xunta de Galicia polos produtos de proximidade do agro como factores clave de desenvolvemento e dinamización das economías locais. Nesta liña, subliñou o esforzo do seu departamento en materia de formación e divulgación relacionadas con estas producións, un pulo que se canaliza fundamentalmente a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e tamén por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Precisamente os responsables de ambas entidades, Martín Alemparte e Paz Rodríguez, respectivamente, acompañaron hoxe á conselleira nunha visita á Veiga, na que estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o alcalde da localidade, Juan Anta.
Neste percorrido, as autoridades visitaron o obradoiro de elaboración de arandos e puxeron en valor o Centro de Extracción e Envasado de Mel deste concello, único local de Galicia destas características de uso comunitario que é empregado por unha vintena de produtores adheridos ao programa montañas de Trevinca. Nesta localidade, ademais, elabórase mel amparado pola Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. A visita tamén serviu para coñecer, por parte dos responsables da Xunta, o centro de desenvolvemento rural A Veiga, un espazo activo de comercialización e formación para produtores locais.
Neste acto, a conselleira lembrou ademais que A Veiga conta cunha aldea modelo, a de Meixide, que abrangue unha superficie de preto de 77 hectáreas e que integra máis de 640 parcelas de 150 propietarios nunha zona caracterizada polo pastoreo, as terras de labor de secano e asociación entre coníferas e frondosas.
A Consellería do Medio Rural investiu na creación e desenvolvemento desta aldea modelo máis de 350.000 euros, uns fondos destinados tanto a súa posta en marcha, cunha explotación de gando en extensivo, como á mellora da súa contorna urbana.
Así mesmo, María José Gómez destacou a colaboración entre o seu departamento e o Concello da Veiga en materia forestal, tanto no que atinxe á posta en valor dos seus recursos como no eido da defensa do monte, en particular no terreo da prevención e loita contra os incendios forestais.