Gardacostas realiza nos dous primeiros meses do ano máis de 1.700 decomisos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Destes, predominaron os crustáceos con máis de 700 quilos, seguidos dos cefalópodos con 650, dos equinodermos con 227, de distintas especies de peixe con 112 e, os bivalvos, con 40 quilos
- No mesmo período, confiscáronse uns 2.700 útiles de pesca e executáronse máis de 1.590 inspeccións, que deron lugar a máis de 330 infraccións
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2025
O Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, levou a cabo nos dous primeiros meses do 2025 máis de 1.700 decomisos. Trátase do seguimento que este ente realiza periodicamente, co fin de frear a captura de peixe e marisco ilegal, ben sexa por non cumprir coa talla regulamentaria, por proceder da extracción irregular ou porque o seu transporte non cumpre os requisitos de documentación ou conservación.
Así, esta mesma fin de semana, segundo informan o técnicos de dito Servizo, rexistráronse diversas incautacións nas zonas da Ría de Ares, Ézaro e Bueu. No primeiro dos casos, confiscáronse 21,5 quilos de centola e 13 de choco, ademais dun saco de rede e 150 metros de trasmallos. No segundo, en Punta Malva, Fornelo e Punta Queixa, 26 quilos de centola; 1,5 de boi; 3,500 de polbo; e 800 gramos de nécora. Polo que respecta aos útiles de pesca, aprehendéronse 23 nasas; 10 pezas de trasmallos e 2 de vetas; e 1 embarcación. En ambos os dous casos, as especies foron devoltas ao mar. Finalmente, no operativo desenvolvido en Bueu, incautáronse 7,9 quilos de polbo, que foron entregados a un centro benéfico.
Os decomisos ao detalle
En canto á distribución dos decomisos de xaneiro e febreiro, a distribución é a seguinte: 707 quilos de crustáceos (598 de centola, 43 de nécoras, 20 de percebe, entre outros); 650 de cefalópodos (541 de polbo e 109 de choco); 227 de ourizo; 122 de peixe (43 de raia e 20 de robaliza); e 40 quilos de bivalvos (11 de ameixa babosa e 17 de xapónica). En canto á súa pertenza, destacan: Vigo con 360 quilos, A Coruña con 380, Ferrol con 84, Portosín con 137, Pontevedra con 99, Vilaxoán con 66, Celeiro con 49, Muxía con 36, Ribeira con 28, Servizos Centrais con 606, a Unidade de Policía Adscrita (UPA) con 10 e a Inspección e Control do Recurso (ICR) con 1.
Asemade, confiscáronse 2.699 enseres, dos que destacan 1.657 nasas, 490 enmalles e 474 útiles de artes pesqueiras. Extrapolados estes datos á zona de procedencia a distribución é a seguinte: Servizos Centrais (1.200), Vigo (577), Portosín (367), Pontevedra (252), Vilaxoán (171), A Coruña (86), Celeiro (21), Ferrol (20), e Muxía (5).
Inspeccións
No mesmo período, executáronse 1.592 inspeccións, que deron lugar a 339 infraccións. Estes controis, 198 acometéronse dende Servizos Centrais, 306 dende a base de Vigo, 268 dende a ICR,150 dende a unidade de Pontevedra, 132 dende a de Vilaxoán, 117 dende a de Portosín, 109 dende a de A Coruña, 95 dende a de Ferrol, 93 dende a de Celeiro, 75 dende a de Ribeira, 45 dende de Muxía e 4 dende a UPA.