Galicia reclama unha reforma da Política Pesqueira Común que responda de xeito eficaz ás necesidades e desafíos actuais do sector
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O titular de Mar avoga por un modelo de xestión pesqueira equilibrado entre os factores medioambientais e os socioeconómicos, sustentado no coñecemento científico, e que reforza a pesca como piar da soberanía alimentaria
- Tamén trasladou a importancia de impulsar un marco normativo que preserve as singularidades de cada Estado membro e avance no level playing field para protexer ao sector da competencia desleal de terceiros países con lexislacións máis laxas
- A Xunta trasladou a posición da comunidade ao comisario de Pesca, Costas Kadis, no encontro celebrado o pasado mes de febreiro así como á rexión francesa de Bretaña como aliada no ámbito comunitario en defensa da cadea mar-industria
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2025
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou no Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios celebrado este luns previo ao Consello Europeo de Agricultura e Pesca do vindeiro 24 de marzo no que se vai a discutir "O futuro da política pesqueira común". O responsable autonómico defendeu neste foro a posición de Galicia que conta cunha folla de ruta clara emanada do consenso e plasmada no ditame do Consello Galego de Pesca de febreiro de 2022 "Sobre a estratexia de Galicia na defensa dos seus intereses ante a revisión da Política Pesqueira Común (PPC)".
Na liña de dito documento, Alfonso Villares sinalou que a actual PPC non logrou cumprir os obxectivos marcados polo que reclamou unha reforma que considere e manteña un equilibrio entre as dimensións sociais, económicas e medioambientais, cruciais para a sostibilidade como fonte de alimentos de calidade e piar da necesaria soberanía alimentaria do continente. Ademais, resaltou que é preciso deseñar unha estratexia para o futuro da pesca cunha visión ampla e planificada que aborde as necesidades e desafíos actuais do sector pesqueiro e que permita unha xestión eficiente con obxectivos realistas que afonden na competitividade e transformación do conxunto da cadea mar industria.
O titular de Mar puxo o foco tamén na importancia de impulsar un marco normativo que preserve as singularidades de cada Estado membro á vez que recolla o level playing field que protexa á frota comunitaria da competencia desleal de terceiros países con lexislacións medioambientais e laborais máis laxas. Un aspecto fundamental e moi demandado polo sector dado que o 70% do peixe que é consumido en Europa provén de países extracomunitarios.
O responsable autonómico reivindicou unha modelo de xestión pesqueira sustentada no mellor coñecemento científico, que teña en conta os informes biolóxicos e socioeconómicos así como que sexa capaz de xerar emprego e impulsar a sostibilidade das comunidades costeiras dependentes da pesca. Nesta liña, apostou por revisar o concepto de zona altamente dependente da pesca para que sexa orientada a súa definición cara elemento clave como a produción de alimentos de calidade.
Contactos en Bruxelas
O Goberno galego xa trasladou a posición de Galicia ao actual comisario de Pesca, Costas Kadis, no encontro que mantivo co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, o pasado mes de febreiro. Ademais, a comunidade mantén un papel protagonista no ámbito da Conferencia de Rexións Periféricas de Europa (CRPM) na que preside o Grupo de Traballo de Pesca. Un foro que permitiu estreitar lazos con outras rexións na defensa da actividade do sector pesqueiro nas institucións comunitarias como, por exemplo, a Bretaña francesa que realizou unha recente visita á comunidade a través dunha delegación liderada polo seu vicepresidente de Mar e Litoral, Daniel Cueff.