López Campos enxalza "a profesionalidade" do sector turístico que "fai de Galicia un destino de calidade"
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Destaca "o seu compromiso coa posta en valor da nosa riqueza, desde a paisaxística á cultural, así como a mostra de que somos un pobo acolledor"
- Salienta as boas cifras de visitantes rexistradas en 2024, con máis de 8M de viaxeiros que dan conta "do acertado traballo da Xunta e dos profesionais do turismo"
- Ademais, lembra que no horizonte está a celebración do Xacobeo 2027 "que será un acontecemento excepcional para todos e no que xa estamos inmersos"
- A gala tamén contou coa presenza da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Pontevedra, 17 de marzo de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na gala dos Premios Turismo e Hostelería da provincia de Pontevedra, na que se recoñeceu a través de dez galardóns o labor desenvolvido por persoas e entidades neste eido e na que tamén estiveron a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. Unha maneira, destacou o representante da Xunta, de "enxalzar a gran profesionalidade coa que contamos en Galicia neste sector, uns bos compañeiros de viaxe para as políticas do Goberno galego, contribuíndo a posicionarnos como un destino de calidade".
Así, para pechar o acto, organizado pola Federación Empresarial de Turismo e Hostelería de Pontevedra, López Campos felicitou aos premiados "polo seu compromiso coa posta en valor de toda a riqueza coa que contamos no territorio, desde a paisaxística á cultural e patrimonial". A isto engadiulle o compoñente persoal xa que, dixo, "o trato que reciban os nosos visitantes é tamén unha carta de presentación do que somos, un pobo acolledor".
Neste senso, recalcou as boas cifras de turistas "que dan conta do acertado traballo da Xunta e das persoas, que como as que hoxe son recoñecidas, se implican para ofrecer os mellores servizos". Así, o conselleiro de Cultura destacou os máis de 8 M de visitantes recibidos no 2024, acadando máximos da serie histórica e que, tal como lembrou, propiciaron uns ingresos no sector de 432 M€, un 6,7% máis con respecto ao ano anterior. Ademais, incidiu en que no que vai de 2025 xa chegaron a Galicia máis de 200.000 viaxeiros.
Este escenario, engadiu o responsable autonómico de Cultura, "fai que nos situemos ante un horizonte prometedor coa vista posta nun ilusionante Xacobeo 2027 no que xa estamos a traballar". Ao respecto, lembrou que unha das cuestións nas que está inmerso o executivo galego é na solicitude ao goberno central para que aprobe as exencións fiscais de cara a este Ano Santo, "claves para incentivar a participación empresarial no que vai ser de novo un acontecemento excepcional para todos os aquí presentes".