Galicia amosa no mercado americano a excelencia dos produtos marítimo-pesqueiros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Administración autonómica aproveitará o certame para promover o peixe e o marisco galegos e favorecer que as empresas establezan novas alianzas comerciais con compañías doutros puntos do mundo
- Trátase do maior escaparate nesta materia de Norteamérica, pois atrae a máis de 20.000 entidades vinculadas ao sector, procedentes de máis de 50 países
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2025
A Consellería do Mar leva á feira de peixes e mariscos máis grande de Norteamérica a excelencia dos produtos da costa galega. Trátase da 43ª Seafood Expo North América, que se celebra cada ano e reúne a miles de proveedores, distribuidores e compradores dos produtos mariños de todo o mundo, supoñendo un escaparate da innovación en produtos pesqueiros, da sustentabilidade na industria, das tecnoloxías aplicadas á pesca e á distribución, así como das últimas tendencias no consumo de peixe e mariscos.
O departamento autonómico, que dirixe Alfonso Villares, comezou a súa participación neste certame no ano 2015. Nesta edición revalida o seu posto como espazo de referencia no certame, cunha superficie de 204 metros cadrados que acolle 13 empresas coexpositoras do sector da pesca galego, máis unha que asistirá facendo uso unicamente do servizo de Centro de Negocios que oferta o pavillón da Consellería. Estas firmas son: Stolt Sea Farm, Fesba S.L, Frioantartic S.A, Salgado Congelados S.L, Conservas Artesanas Gallegas S.L, Pereira Productos del Mar S.A, Marfrío S.A, Global Runner S.L, Grupo Ibérica de Congelados S.A, Oversea Atlantic Fish S.L, Cassua S.L, Pescados Hermanos Lijó S.L e Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
A plataforma máis grande
Tal é así que non hai ningunha plataforma máis grande, mellor ou máis consolidada para establecer contactos directos cos compradores de América do Norte e coas últimas tendencias do sector. Está ideada para ser unha potente ferramenta para que as empresas do sector maximicen o logro dos seus obxectivos comerciais e de venda, polo que alberga a unha diversa gama de expositores, dende grandes empresas internacionais ata pequenas startups innovadoras.
Os expositores inclúen produtores e distribuidores de mariscos frescos, conxelados, procesados e en conserva, así como provedores de equipos e tecnoloxías relacionadas coa actividade marítimo-pesqueira, a acuicultura e a loxística. Así, o evento, que se desenvolve ata o día 18, atrae a unha ampla audiencia de compradores e profesionais do sector, entre os que se inclúen importadores, exportadores, maioristas, chefs, restaurantes, cadeas de supermercados e empresas de servizos alimentarios. De entre todos os profesionais, o perfil xeográfico é o seguinte: Norteamérica (78%), Europa e Asia (8%) e Sudamérica (4%).
Para Galicia, que participa baixo o lema da súa campaña GALICIA SABE AMAR, supón, por tanto, unha oportunidade irrenunciable para estreitar lazos comerciais e buscar novos clientes no que é hoxe en día o principal mercado obxectivo das empresas galegas do mar. E é que esta feira adoita a atraer a máis de 20.000 entidades vinculadas ao sector, procedentes de máis de 50 países, polo que é de vital importancia para impulsar a exportación e a presenza internacional das empresas galegas do complexo mar-industria.