Agustín Reguera entrega os carnés a 19 efectivos da Protección Civil
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O acto involucrou ás agrupacións de Bueu, Vilagarcía de Arousa, Catoira, Poio, Vilaboa e Caldas de Reis
- Reguera destacou o traballo incansable e desinteresado da Protección Civil
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Pontevedra, 17 de marzo de 2025
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presidiu esta mañá o acto de entrega e renovación de carnés a varios efectivos da Protección Civil.
O acto tivo lugar no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra e nel entregáronse 19 carnés a efectivos das agrupacións de Caldas de Reis (1), Vilagarcía de Arousa (1), Vilaboa (2); Bueu (3); Catoira (6) e Poio (6).
O delegado territorial aproveitou o acto para destacar o "traballo imprescindible que levan a cabo nos seus concellos e que realizan de forma totalmente desinteresada".
Neste sentido, Reguera lembrou que os efectivos da protección civil son, en moitas ocasións, a primeira liña de axuda por proximidade e por dispoñibilidade cando hai algunha emerxencia e iso supón unha gran axuda para os servizos sanitarios".