A Xunta adxudica por preto de 2,2 millóns de euros o subministro e instalación do equipamento da central de esterilización do Hospital Novo Montecelo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A nova central, que se emprazará na planta -1, dimensionouse tendo en conta os datos actuais de actividade e a previsión de crecemento a medio e longo prazo
- Terá unha capacidade operativa que permita procesar todo o instrumental, equipamento e accesorios cirúrxicos
- Disporá de capacidade adicional para procesar o resto de material xerado nas áreas intervencionistas, críticos, consultas e gabinetes, urxencias e similares
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2025
A Xunta vén de adxudicar por importe de preto de 2,2 millóns de euros o contrato para o subministro e instalación do equipamento integral da central de esterilización do Hospital Novo Montecelo da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
A empresa adxudicataria é Antonio Matachana S.A. e o importe concreto de adxudicación ascenden a 2.191.301,53 euros.
Este contrato responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación da área de referencia, mellorando os servizos de atención sanitaria coa adquisición do equipamento integral dunha nova central de esterilización que preste servizo, tanto ao bloque cirúrxico como ao resto de unidades asistenciais.
Esta nova central emprazarase na planta -1 do Hospital Novo Montecelo. Para o seu dimensionamento realizouse un estudo dos datos actuais de actividade do hospital e a súa previsión de crecemento no medio e longo prazo.
A nova central terá unha capacidade operativa que permita procesar todo o instrumental, equipamento e accesorios cirúrxicos. Ademais, disporá de capacidade adicional para procesar o resto de material xerado nas áreas intervencionistas, críticos, consultas e gabinetes, urxencias e similares.
Así mesmo, contará co maior grao de informatización do servizo e capacidade de integrarse no sistema informático de xestión integral dos procesos desenvolvidos polo Servizo de Esterilización dispoñible no resto de hospitais da área sanitaria.
Estruturación
No que atinxe ao seu funcionamento, a nova central estará estruturada en tres ámbitos destinados ás actividades de descontaminación e lavado, de inspección e montaxe de sets, de esterilización e almacenamento dos dispositivos xa esterilizados, separados polas correspondentes barreiras sanitarias de lavado automatizado e esterilización. Adicionalmente disporá dunha zona de despacho, de estar e aseos de persoal.
Dentro de cada un dos ámbitos citados deberá garantirse, polas características do equipamento, a adecuada independencia entre as actividades de lavado manual e carga de lavadoras, as de inspección, montaxe de sets e carga de esterilizadores para o segundo e as de descarga de esterilizadores e almacenamento de material esterilizado para o terceiro, impedindo en todo momento o contacto do material sucio co xa esterilizado.
O equipamento prevé a máxima automatización dos procesos e das tarefas de carga e descarga, a máxima ergonomía e confort global das condicións de traballo, niveis adecuados de insonoridade e un tempo de procesamento óptimo.
Os equipos terán en conta o respecto ao medio ambiente, tanto no referente á eficiencia enerxética -incluíndo equipamento que reduce os consumos de auga e enerxía eléctrica, sen diminuír por iso a súa eficacia de funcionamento e produtividade-, como ao consumo de funxibles e produtos químicos e a xeración de residuos.