A Xunta adxudica por 310.000 euros a redacción do proxecto do novo Centro de Saúde de Noia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Xunta ten previsto un investimento de arredor de 10 millóns de euros para dotar á localidade dunha nova infraestrutura sanitaria que superará os 3.300 m2
- O novo centro de saúde disporá dunha área asistencial de atención clínica con 21 consultas, un Punto de Atención Continuada e unha base do 061 na área de urxencias
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2025
A Xunta vén de adxudicar por un importe de 310.365 euros a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra do novo Centro de Saúde de Noia.
O Executivo galego ten previsto construír unha infraestrutura sanitaria que superará os 3.300 metros cadrados cun investimento previsto de arredor 10 millóns de euros, entre obra e equipamento.
O novo centro de saúde disporá dunha área asistencial de atención clínica con 21 consultas de medicina, enfermería, farmacia, odontoloxía e hixienista, ademais das correspondentes salas de técnicas, de toma de mostras e de espera de pacientes.
As súas instalacións integrarán o Punto de Atención Continuada e contarán cunha base do 061 na área de urxencias.
Respecto dos seus servizos asistenciais, o futuro centro de saúde de Noia estará dotado con novas unidades: como é o caso dunha área de fisioterapia e rehabilitación, unha consulta de fisioterapia e unha sala de fisioterapia; e unha área de saúde mental, con 5 consultas: psiquiatría, psicoloxía, enfermería e traballo social, e unidade de atención ás adicións.