A Xunta exhibe fotografías inéditas de Nicolás Muller sobre Galicia nunha nova mostra no Museo do mar

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Nicolás Muller en Galicia' recolle imaxes do fotógrafo durante as súas viaxes á Comunidade e que amosan a realidade dos anos 60 cunha ollada fondamente humanista
  • López Campos reafirma a aposta do Goberno galego pola itinerancia de exposicións que se xestan no Gaiás a outras localidades co fin de achegar a cultura a toda a poboación na liña da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia
  • Comisariada por José Ferrero, a mostra poderá visitarse ata o 18 de maio 

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 13 de marzo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe a mostra Nicolás Muller en Galicia no Museo do Mar de Galicia. Trátase dunha exposición que recolle unha selección de 50 imaxes, 34 delas inéditas, das 700 que o fotógrafo fixo durante as súas viaxes á Comunidade, así como un audiovisual que contextualiza a figura do autor dende unha óptica actual. Este proxecto, comisariado polo tamén fotógrafo José Ferrero, poderá visitarse ata o 18 de maio na sala de exposicións temporais do museo vigués, despois de recibir máis de 14.000 visitantes na súa estadía no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. 

O titular de Cultura da Xunta sinalou "a humanidade e proximidade coa que Muller fotografou as clases máis desfavorecidas" e subliñou a importancia que mostras como esta teñen para "achegarnos ao noso pasado e poder, así, comprendernos como sociedade". 

Por outra banda, destacou a aposta pola itinerancia dos proxectos que se xestan no Gaiás a outras localidades, "co fin de achegar a cultura a toda a poboación, seguindo a liña da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia". Neste senso, Nicolás Muller en Galicia inaugura un ano no que as itinerancias da Cidade da Cultura se erixen como un dos piares da súa programación expositiva. 

Así, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude establece alianzas con outras institucións para a adaptación ou creación de novos contidos que levar a espazos culturais de Galicia e de fóra. Deste xeito, durante o 2025 tamén haberá itinerancias doutras mostras en localidades como Pontevedra, Madrid, Zamora, A Coruña, Baiona ou Ponteareas.

Ademais do conselleiro, no acto tamén estiveron a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; a directora do Museo do Mar de Galicia, Marta Lucio; o comisario da exposición, José Ferrero, e Ana Muller, fotógrafa e filla de Nicolás Muller. 

O foco posto nas persoas

Nicolás Muller (Orosháza, Hungría, 1913 - Llanes, Asturias, 2000) é considerado un dos grandes fotógrafos documentais do pasado século. Viaxou ao norte da península por un encargo da editorial Clave, que lle pediu a creación de instantáneas para unha serie de libros que debían mostrar unha imaxe moderna de España. O seu obxectivo era romper o  illamento do país e, ao mesmo tempo, tornalo atractivo para o turismo e o investimento estranxeiro. Con todo, as fotografías de Muller reflicten unha fonda ollada humanista, centrándose nas xentes traballadoras, as mulleres e os nenos.

O autor era capaz de comunicarse coa súa cámara e de captar momentos da vida cotiá como xogos infantís, sorrisos e olladas cómplices cunha humanidade especial que foxe do espectáculo ata nos seus retratos das clases traballadoras e máis desfavorecidas. Así, o discurso expositivo artéllase ao redor de cinco temas chave para entender a obra de Muller: o territorio, o mercado, o mar, a muller e o traballo, e o urbanismo e a modernidade.

Entre as fotografías que compoñen a mostra, que proveñen todas elas do Archivo Regional de la Comunidad de Madrid. Fondo Nicolás Muller, atópase unha ampla selección de imaxes que reflicten a vida das xentes das Rías Baixas. Entre elas, instantáneas que amosan o traballo das mulleres na fábrica de conservas Massó en Cangas do Morrazo, ou retratos de pescadores no porto de Vigo.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 13/03/2025
944653 {"title":"A Xunta exhibe fotografías inéditas de Nicolás Muller sobre Galicia nunha nova mostra no Museo do mar","published_date":"2025-03-13","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/166116-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"944653"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-13/944653-xunta-exhibe-fotografias-ineditas-nicolas-muller-galicia-nunha-nova-mostra-museo-do-mar https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.