A Xunta destaca en Málaga o impacto do Polo Aeroespacial de Galicia como motor de innovación, competitividade e crecemento económico

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou en Transfiere Málaga nunha mesa redonda sobre a creación de riqueza nos territorios a través da innovación 
  • Intelixencia artificial, defensa e seguridade son eixos clave desta edición dun dos principais eventos europeos sobre transferencia de coñecemento

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Málaga, 13 de marzo de 2025

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Xunta de Galicia, Margarita Ardao, destacou hoxe en Transfiere Málaga o impacto do Polo Aeroespacial de Galicia como motor de innovación, competitividade e crecemento económico para as empresas e centros de coñecemento da Comunidade.

Ardao referiuse aos efectos do Polo Aeroespacial nunha mesa redonda sobre a creación de riqueza nos territorios a través da innovación na que tamén participaron Eduardo Pereira, xerente do Parque Tecnolóxico de Fuerteventura; José Manuel Colodrás, xefe de servizos de I+D da Policía Nacional; e Verónica de Mata, responsable de Compra Pública de Innovación no Instituto Nacional de Ciberseguridade. Neste sentido, destacou que a iniciativa estratéxica impulsada pola Xunta e desenvolvida a través da colaboración público-privada, ten posicionado a Galicia como referente no sector aeronáutico e aeroespacial, con especial foco no segmento dos sistemas non tripulados, fomentando a competitividade e a transferencia tecnolóxica e atraendo á rexión ás principais compañías do sector.

A participación en Transfiere Málaga, Foro para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, que este ano celebra a súa décimo cuarta edición, contribúe a dar visibilidade ás capacidades e ao potencial de Galicia neste sector. Trátase dun dos principais eventos europeos sobre I+D+i e transferencia de coñecemento de Europa e reúne a profesionais, empresas, institucións e administracións públicas. Intelixencia artificial, defensa e seguridade son os eixos clave desta edición.

Apoio a startups galegas innovadoras

No marco de Transfiere Málaga, a directora xeral asistiu ademais á presentación de APTE TOP 100 Startups 2024, o ranking das 100 mellores startups elaborado pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España, no que foron recoñecidas dúas empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole: Coinscrap Finance e Madera Plus Calidad Forestal.

O obxectivo de APTE con este recoñecemento ás 100 startups máis destacadas dos parques científicos e tecnolóxicos españois é poñer de relevo a calidade e capacidade emprendedora que se desenvolve nestas contornas, así como facilitar o coñecemento destas empresas a posibles entidades investidoras interesadas en proxectos cun alto potencial de crecemento.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 13/03/2025
944409 {"title":"A Xunta destaca en Málaga o impacto do Polo Aeroespacial de Galicia como motor de innovación, competitividade e crecemento económico","published_date":"2025-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/165641-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"944409"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-13/944409-xunta-destaca-malaga-impacto-do-polo-aeroespacial-galicia-como-motor-innovacion-competitividade-e-crecemento-economico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.