O Plan de Turismo Termal de Galicia bota a andar promovendo o termalismo entre o alumnado da Universidade de Vigo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Os estudantes puideron comprobar a potencialidade empresarial e de servizos deste recurso turístico galego

Mondariz-Balneario (Pontevedra), 13 de marzo de 2025
O Plan de Turismo Termal de Galicia botou a andar este xoves cunha visita ao Balneario de Mondariz dunha representación de estudantes do Grao de Turismo, do Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo interior e de Saúde e do Programa universitario para o emprego e a ida autónoma da Universidade de Vigo co fin de coñecer o termalismo e a experiencia empresarial no marco deste potencial turístico de Galicia.
A responsable da Área Termal de Turismo de Galicia, Belén Gómez Quevedo, acompañou ao grupo en todo momento ao establecemento de Mondariz que forma parte da oferta de balnearios e centros de talasoterapia en Galicia. Con esta acción, búscase poñer en valor a riqueza da comunidade en augas minero-medicinais como opción turismo de saúde e benestar.
A visita comezou cunha recepción no Balneario de Mondariz por parte da directora de comunicación do complexo, Amalia Gallego. Posteriormente, o grupo de estudantes da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense puido acceder ás instalacións do Palacio da Auga, para coñecer así a oferta de servicios que compoñen a súa carta. O espazo, de máis de 3.000 m2, consta dunha piscina con distintas áreas de hidromasaxe e relax, así como de saunas, jacuzzis, sala de pediluvios e unha poza de auga quente no exterior.
A iniciativa forma parte do Plan de Turismo Termal de Galicia e está pensada para favorecer o recoñecemento doutros recursos asociados á proposta de turismo de benestar e sostible. É o caso da valoración da auga como fonte xeradora de riqueza e emprego na comunidade. Nesta mesma liña, cabe destacar o fomento do respecto polo medio, que na visita amósase a través da reciclaxe dos produtos e vestimentas empregados e, na medida do posible, da elección de materiais que non deixen residuo.
O Plan de Turismo Termal de Galicia busca, entre outros obxectivos, posicionar á comunidade como destino de referencia nesta modalidade turística.