Gómez Caamaño reafirma o compromiso de avaliar as urxencias en Moaña cando se poña en servizo o novo centro de saúde, tendo en conta a mellor asistencia sanitaria e a opinión dos profesionais

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Asegura que a atención sanitaria aos veciños está sempre plenamente garantida e que ningunha urxencia en Moaña queda sen atender 
  • Pon en valor o compromiso da Xunta coa sanidade da comarca do Morrazo e de Moaña, onde se está a reformar o consultorio de Domaio e a construír un novo centro de saúde en Sisalde, cun investimento conxunto de preto de 9 millóns de euros 
  • Desde o vindeiro 1 de abril, Moaña contará cunha nova ambulancia de soporte vital avanzando en enfermería, que se engade á ambulancia de soporte vital básico que xa viña operando, e que se verá complementada cun reforzo de enfermería
  •  Subliña que esas novas dotacións no centro de saúde de Moaña permitirán evitar desprazamentos innecesarios ao PAC ou cara ao hospital 
  • Lamenta a demora do Concello de Cangas na cesión de terreos para o Centro Integral de Saúde do Morrazo, que impide avanzar na construción dun equipamento sanitario de vangarda para todos os veciños da comarca
Imagen del artículo Gómez Caamaño reafirma o compromiso de avaliar as urxencias en Moaña cando se poña en servizo o novo centro de saúde, tendo en conta a mellor asistencia sanitaria e a opinión dos profesionais
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño reafirmou esta mañá no Parlamento de Galicia o compromiso da Xunta de avaliar as urxencias de Moaña no momento da posta en servizo do novo centro de saúde de Sisalde,  tendo en conta a premisa garantir a mellor asistencia sanitaria aos veciños e a opinión, nese sentido, dos profesionais.

Durante a súa intervención, o titular da carteira sanitaria da Xunta remarcou o compromiso do Executivo galego coa sanidade da comarca do Morrazo, que queda demostrado con feitos e investimentos. 

Precisou que nestes momentos o Executivo galego traballa en tres grandes infraestruturas sanitarias para esta comarca. En concreto, lembrou o investimento de 400.000 euros que se está a realizar na reforma do consultorio de Domaio; os 8,3 millóns que se están a destinar á construción do novo centro de saúde en Sisalde, tamén en Moaña; ou o proxecto do futuro Centro Integral de Saúde do Morrazo, que segue bloqueado á espera de que o Concello de Cangas poña á disposición dos terreos para a súa execución. 

"Pídanlle ao Concello de Cangas que non obstaculice esta infraestrutura sanitaria de vangarda" incidiu o conselleiro na súa resposta parlamentaria, reiterando o compromiso da Xunta de impulsar un Centro Integral de Saúde que centralizará a atención primaria e hospitalaria do Morrazo.  

Gómez Caamaño explicou que a previsión é rematar as obras do centro de saúde de Sisalde no mes de maio. A partir de aí, dixo, comezarase a equipar o centro e a organizar o traslado, que se fará tras o verán, por motivos asistenciais, xa que a época estival é a máis complexa desde o punto de vista asistencial. 

Será nese momento cando a Consellería de Sanidade realice a análise de necesidades e dispoñibilidade de persoal co fin de avaliar a posibilidade de dispoñer urxencias en Moaña, unha cuestión, en todo caso, que Gómez Caamaño supeditou á garantía de mellor atención sanitaria aos veciños e respectando a opinión dos profesionais. 

"Non debemos confundir accesibilidade con calidade na prestación da asistencia sanitaria", incidiu, lembrando que, "se temos que elixir unha das dúas o noso deber é sempre garantir a mellor calidade na atención". 

Por iso remarcou que cando se poña en servizo o novo centro de saúde farase a avaliación das urxencias sempre primando a garantía da mellor atención sanitaria aos veciños e tendo en conta a opinión dos profesionais. 

Na súa intervención, Gómez Caamaño tamén explicou que o vindeiro 1 de abril Moaña verá ampliada a súa capacidade de resposta asistencial coa dotación dunha nova ambulancia de soporte vital avanzando en enfermería. Esa ambulancia sumarase á de soporte vital básico que xa opera no municipio. 

Ademais, avanzou que os recursos sanitarios de Moaña se verán incrementados coa dotación dun novo reforzo de enfermería no centro de saúde, que permitirá evitar desprazamentos innecesarios ao Punto de Atención Continuada ou ao hospital.  

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/03/2025
942987 {"title":"Gómez Caamaño reafirma o compromiso de avaliar as urxencias en Moaña cando se poña en servizo o novo centro de saúde, tendo en conta a mellor asistencia sanitaria e a opinión dos profesionais","published_date":"2025-03-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"942987"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-12/942987-gomez-caamano-reafirma-compromiso-avaliar-as-urxencias-moana-cando-se-pona-servizo-novo-centro-saude-tendo-conta-mellor-asistencia-sanitaria-e-opinion-dos-profesionais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.