López Campos salienta que coa recuperación do Teatro Fraga a Xunta cumpre coa demanda cidadá dunha programación cultural de calidade en Vigo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O responsable de Cultura pon en valor que, transcorrido menos dun ano da súa adquisición xunto coa Deputación de Pontevedra, xa se teñen perfilados os contidos
  • Asegura que as liñas estratéxicas deseñadas converterán este edificio emblemático no "epicentro de innovación cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal"
  • Agradece as "valiosas achegas" da cidadanía que serán tidas en conta na futura programación escénica, musical, audiovisual e literaria
  • Anuncia que se tirará o máximo proveito dos seus 7.000 metros cadrados para ofrecer espectáculos con capacidade de entre 860 e 2.000 persoas
  • Destaca a creación de residencias literarias, laboratorios creativos e programas formativos para favorecer a profesionalización e fortalecemento do sector
  • Adianta a creación dun club infantil e a posta en marcha de obradoiros dirixidos á cativada e á mocidade para estimular e consolidar novos públicos
  • Este ben histórico contará cunha sala expositiva permanente para pór en valor os seus vencellos co desenvolvemento do cinema en Vigo e na Comunidade
Imagen del artículo López Campos salienta que coa recuperación do Teatro Fraga a Xunta cumpre coa demanda cidadá dunha programación cultural de calidade en Vigo
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe que, coa recuperación do Teatro Cine Fraga, a Xunta de Galicia "cumpre coa demanda cidadá dunha programación cultural ambiciosa e de calidade" en Vigo e na súa contorna. Así o aseverou nunha resposta no Pleno do Parlamento de Galicia ao respecto do plan de usos para este edificio emblemático que o Executivo autonómico xa ten deseñado, da man da Deputación de Pontevedra, para convertelo nun espazo escénico, musical, audiovisual e literario "de primeiro nivel e referente do noroeste peninsular".

Precisamente, o responsable de Cultura enxalzou o feito de que, "transcorrido menos dun ano" da súa adquisición, xa se conta con esta folla de ruta coas liñas estratéxicas sobre os seus contidos e programación. Neste senso, precisou que se tiveron en conta as "valiosas achegas e suxestións" da cidadanía e a comunidade cultural, "ás que se involucrou activamente", en referencia á campaña, presencial e virtual, O mellor espazo busca o mellor contido.

"O Goberno galego cumpriu coa palabra dada de recuperar este edificio emblemático e de que se ía escoitar ao sector cultural e a todas as persoas que queren formar parte deste proxecto", subliñou López Campos, quen fixo fincapé en que, neste proceso aberto, á cidadanía lle trasladou á Consellería de Cultura a necesidade de que o Teatro Cine Fraga se activase para "encher un oco e paliar unha necesidade de programación cultural de calidade" para a cidade de Vigo e a súa contorna. Unha demanda neste eido que, segundo lamentou, tamén reflicten os últimos datos dos Observatorios da Cultura, tanto da Fundación Contemporánea como do Consello da Cultura Galega, respectivamente.

"Desde a Xunta non só imos dar resposta esta demanda e ateigar de cultura os 7.000 metros cadrados deste inmoble histórico, senón que o imos a erixir no epicentro de innovación cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal", comprometeuse o conselleiro.

Espectáculos para entre 860 e 2000 persoas

Deste xeito, anunciou que o Teatro Cine Fraga disporá dunha sala flexible para acoller tanto espectáculos teatrais, como concertos ou cinema, cunha capacidade para 860 persoas, cinguíndose só ao emprego de butacas, "pero que permite albergar ata un total de 2.006 asistentes, ao ser posible a retirada de parte dos asentos para certos espectáculos", precisou.

En todo caso, o conselleiro aclarou que o Teatro Cine Fraga non vai ser só un espazo de difusión cultural, "senón un viveiro de creación e experimentación". Consecuentemente, acollerá obradoiros e laboratorios de ideas vencelladas ás artes musicais, audiovisuais, e literarias. Ademais, adiantou que se poñerán en marcha residencias artísticas e actividades formativas co obxecto de que favorezan a profesionalización deste sector.

De igual forma, o responsable de Cultura da Xunta fixo fincapé en que nestas liñas estratéxicas dáselle relevancia á inclusión dunha educación cultural temperá. Para iso, crearase un club infantil e desenvolveranse actividades dirixidas especificamente á catividade e á mocidade.

López Campos tamén puxo en valor que se vai habilitar un espazo museístico dedicado aos vencellos deste inmoble co desenvolvemento do cinema en Vigo e en Galicia, á vez que se vai recuperar o histórico órgano de cine que acompañaba as proxeccións. Cómpre lembrar que o edificio foi encargado hai máis de 80 anos por Isaac Fraga, un dos exhibidores cinematográficos máis importantes na Comunidade naquela época.

Exemplo de compromiso do Goberno galego coa cidade de Vigo

Finalmente, o conselleiro de Cultura encadrou a recuperación do Teatro Cine Fraga co apoio e esforzos que o Goberno galego está a facer noutras infraestruturas da cidade. Así, lembrou a execución do Hospital Álvaro Cunqueiro, a reforma do Hospital Xeral de Vigo para acoller a Cidade da Xustiza ou como coas obras de rehabilitación do edificio dos antigos xulgados da rúa Lalín. Neste último caso, segundo apuntou, co obxecto de pór á disposición da cidadanía un edificio multiúsos para darlle espazo a entidades socioculturais, ademais do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/03/2025
942985 {"title":"López Campos salienta que coa recuperación do Teatro Fraga a Xunta cumpre coa demanda cidadá dunha programación cultural de calidade en Vigo","published_date":"2025-03-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"942985"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-12/942985-lopez-campos-salienta-coa-recuperacion-do-teatro-fraga-xunta-cumpre-coa-demanda-cidada-dunha-programacion-cultural-calidade-vigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.