A Xunta inicia o 21 de marzo un ciclo de música coral na Biblioteca Pública de Lugo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 12 de marzo de 2025
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude inicia o venres 21 de marzo o ciclo Harmonías na biblioteca: A voz da cultura, que contará coa participación de tres agrupacións corais da provincia. O programa foi presentado hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo polo delegado, Javier Arias; Pablo Rico, presidente do Coro Xuvenil de Lugo e da Federación de Coros de Galicia; Miguel Varela, presidente do Orfeón Xoán Montes e vicepresidente da Federación galega, e Manuel Rodríguez Lorenzo, presidente da Schola Gregoriana Lucensis.
Os concertos celebraranse no salón de actos da Biblioteca Pública Provincial; o primeiro estará protagonizado polo Orfeón Xoán Montes, cun repertorio que abarca desde habaneras ata obras galegas e composicións corais para voces graves. O 16 de maio actuará o Coro Xuvenil de Lugo, que ofrecerá versións de cancións pop de artistas contemporáneos como Melendi, Amaral, Nil Moliner ou Dani Fernández. Finalmente, o 24 de outubro pechará o ciclo a Schola Gregoriana Lucensis, con pezas de canto gregoriano, do cancioneiro de palacio e obras antigas. Todos darán comezo ás 20,00 horas e terán unha duración aproximada dunha hora.
Javier Arias sinalou que os obxectivos do ciclo son "ofrecer ao público lucense unha programación de calidade e diversidade musical accesible de maneira gratuíta, e fomentar a biblioteca como espazo cultural activo, capaz de acoller e impulsar diferentes manifestacións artísticas".