Gómez Caamaño avanza que en abril entrará en vigor o novo contrato de servizos con Povisa cun importe de 195 millóns para garantir unha asistencia sanitaria de calidade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Sanidade remarca que o novo contrato responde ao interese da Xunta por ofrecer a mellor asistencia á cidadanía da área sanitaria de Vigo
  • Pon en valor as melloras para os pacientes, para os traballadores e para a administración que supón este novo contrato
  • O Executivo galego pagará unicamente en función dos procesos realizados, ao cambiar a fórmula establecida dun concerto a un contrato de servizos
  • Contarase cunha unidade de supervisión e control para o seguimento do contrato, que permitirá á Xunta garantir o perfecto funcionamento do servizo e velar pola calidade asistencial
  • Na nova carteira de servizos resérvanse as prestacións hospitalarias de maior complexidade para o Hospital Público Álvaro Cunqueiro, grazas á súa vangarda diagnóstica e tecnolóxica

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou hoxe, no Parlamento de Galicia, que no vindeiro mes de abril entrará en vigor o novo contrato de servizos con Povisa, por importe de 195 millóns de euros.

Tal e como detallou o conselleiro, o novo contrato responde ao interese da Xunta por garantir e ofrecer a mellor asistencia á cidadanía da área sanitaria de Vigo. A tal efecto, recolle melloras tanto para os pacientes, como para os traballadores de Povisa, como para a administración.

Entre as vantaxes para os doentes, o conselleiro dixo que verán optimizados todos os recursos asistenciais que teñen ao seu dispor e que poden elixir libremente, dispoñendo, así mesmo, de instalacións e equipamentos de vangarda.

Respecto dos traballadores, co novo contrato a adxudicataria ten a obriga de aplicar os incrementos retributivos pactados no convenio colectivo cunha suba concreta do 3 % neste ano.

No que atinxe á Xunta, pasará a pagar en función dos procesos realizados, e non per cápita, ao cambiar a fórmula establecida dun concerto a un contrato de servizos, dando cumprimento ás recomendacións do Consello de Contas.

Ademais, Povisa deberá realizar todas as actuacións precisas para poñer en funcionamento entre os seus facultativos e profesionais sanitarios a historia clínica IANUS. Ademais, tomará as medidas necesarias para integrar a información do rexistro de pacientes e da actividade asistencial no sistema de xestión de doentes do Sergas.

Gómez Caamaño tamén destacou que se contará cunha unidade de supervisión e control para o seguimento do contrato, que permitirá á Xunta garantir o perfecto funcionamento do servizo e velar pola calidade asistencial.

Hospital Álvaro Cunqueiro, eixe fundamental

Tal e como remarcou o conselleiro na súa intervención no Pazo do Hórreo, na nova carteira de servizos resérvanse as prestacións hospitalarias de maior complexidade para o hospital público Álvaro Cunqueiro, grazas á súa vangarda diagnóstica e tecnolóxica. Deste xeito, este centro sanitario da rede do Servizo Galego de Saúde será o eixe fundamental da área sanitaria para os casos de alta complexidade, o que posibilita optimizar ao máximo todos os recursos asistenciais existentes.

Xunto ao anterior, o novo contrato obriga á adxudicataria a realizar investimentos en obras para a mellora da instalación e adquisición de equipamentos que sexan precisos para o correcto desenvolvemento da actividade, debendo destinar a este fin un mínimo dun 3 % do importe anual do contrato, o que supón investir como mínimo case tres millóns de euros cada ano por parte de Povisa en mellorar a atención sanitaria.

Para rematar a súa intervención, o conselleiro incidiu en que a Xunta seguirá a traballar por ofrecer a mellor asistencia sanitaria á cidadanía da área de Vigo e por incrementar a actividade cirúrxica. Tamén traballa en reducir os tempos de espera. Segundo os últimos datos presentados, os vigueses agardan de media 52 días menos para operarse que no resto de España.

Ademais, o Executivo galego está a destinar inxentes recursos como queda reflectido nos 1.000 millóns que dedica neste ano á mellora a sanidade pública viguesa.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/03/2025
942912 {"title":"Gómez Caamaño avanza que en abril entrará en vigor o novo contrato de servizos con Povisa cun importe de 195 millóns para garantir unha asistencia sanitaria de calidade","published_date":"2025-03-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/165483-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"942912"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-12/942912-gomez-caamano-avanza-abril-entrara-vigor-novo-contrato-servizos-povisa-cun-importe-195-millons-garantir-unha-asistencia-sanitaria-calidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.