A Xunta apoia o Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso nunha edición que inclúe unha ampla aposta pedagóxica

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A cita, dedicada á difusión da música culta en escenarios arquitectónicos singulares, vaise desenvolver do 9 ao 18 de maio con concertos en Ourense, Cea e o Pazo de Vilamarín como novo escenario
  • O conservatorio da cidade das Burgas ofrecerá cursos de interpretación de trompa, trompeta, trombón, tuba e guitarra impartidos polos artistas do programa
  • Os concertos didácticos para escolares de secundaria relacionarán a música de Mozart cos 'memes' de internet

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 12 de marzo de 2025

A Xunta de Galicia renova o seu apoio á organización do Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso, promovido pola Asociación Pórtico Musical e que chega á súa 18ª edición unindo música, patrimonio e pedagoxía. A cita terá lugar do 9 ao 18 de maio cunha carteleira de concertos e actividades formativas en diferentes espazos da provincia.

A presentación do certame tivo lugar esta mañá na Deputación de Ourense, nun acto no que participaron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, o vicepresidente segundo do organismo provincial, César Fernández Gil, e o presidente de Pórtico Musical e director artístico do festival, Juan Enrique Miguéns. O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou a traxectoria de expansión territorial seguida polo evento, que este ano incorpora como novo escenario o Pazo de Vilamarín. "Vemos esta descentralización do festival e a súa posta en valor de espazos patrimoniais como un gran acerto deste encontro, que conta co aval do público e con recoñecementos tan destacados como o selo de calidade que concede a Asociación de Festivais Europeos", expresou.

Exhibición e ensino musical

Jacobo Sutil tamén felicitou os responsables do festival pola ampla aposta pedagóxica desta edición, na que os artistas participantes van impartir formacións intensivas. "Con este programa, Pórtico do Paraíso transcende o obxectivo de difusión e asume un compromiso coa educación musical que deixará pegada nas novas carreiras musicais", indicou. Serán en total cinco cursos de trompeta, trompa, trombón, tuba e guitarra que terán lugar no Conservatorio Profesional de Ourense.

Completando este programa formativo, e tralo éxito da pasada edición, volve ao Teatro Principal o trío galego formado por Antón Seijas (clarinete), Diego Segade (viola) e Andrea Vilar (piano) coa súa proposta Música e Memes, un orixinal concerto didáctico para escolares de secundaria no que a través do trío K. 498 de Mozart propóñense explicacións sobre o sentido da música en forma de memes de internet. Ademais, cunha plataforma en tempo real e a través de smartphones, a rapazada poderá participar e tomar decisións activas sobre o que sucede no escenario.

Catro concertos en espazos patrimoniais

A 18º edición do festival ábrese o venres 9 de maio na Igrexa de Santiago das Caldas da cidade de Ourense co prestixioso cuarteto vocal valenciano Qvinta Essençia interpretando un programa de música sacra renacentista a través de dous seus compositores máis notables, o español Tomás Luis de Victoria e o italiano Giovanni Pierluigi da Palestrina.

O domingo 11 Pórtico do Paraíso traslada o seu escenario ao Pazo de Vilamarín, que se incorpora á listaxe de localizacións patrimoniais desta cita para ofrecerlle ao público un suxestivo marco onde gozar da voz da especialista italiana Irene Brigitte acompañada na corda pulsada polo experimentado laudista portugués Pedro Martins. O dúo interpretará poemas musicados ao longo do século XVI nas cortes italianas e portuguesas.

A premiada guitarrista australiana Stephanie Jones, que desenvolve cada ano unha intensa actividade concertística en Centroeuropa, Asia e EEUU, ofrecerá o xoves 15 no Liceo de Ourense o seu primeiro concerto en España.

E a formación Spanish Brass, Premio Nacional de Música 2020, será a responsable do concerto de clausura o domingo 18 de maio no refectorio do mosteiro de Oseira. O mítico quinteto de metais valenciano, de prestixio internacional, volve a Pórtico do Paraíso nove anos despois cun programa que conmemora o seu 35º aniversario e que recolle algunhas das obras máis significativas interpretadas ao longo da súa carreira, outras de nova factura e tamén adaptacións de Johann Sebastian Bach, Michel Legrand, Antonio Carlos Jobim, Manuel de Falla ou Joaquín Turina, entre outros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/03/2025
942909 {"title":"A Xunta apoia o Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso nunha edición que inclúe unha ampla aposta pedagóxica","published_date":"2025-03-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/165235-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"942909"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-12/942909-xunta-apoia-festival-internacional-musica-portico-do-paraiso-nunha-edicion-inclue-unha-ampla-aposta-pedagoxica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.