A Xunta entrega dúas vivendas de promoción pública na urbanización Río Cobo de San Cibrao, en Cervo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Cervo (Lugo), 11 de marzo de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na entrega de chaves de dúas vivendas de promoción pública situadas na urbanización Río Cobo de San Cibrao, no municipio de Cervo, que foron adxudicadas en réxime de alugueiro. Dispoñen de catro e tres dormitorios e contan cunha superficie de 75 e 65 metros cadrados respectivamente.
Arias destacou o esforzo que realiza o Goberno galego para facilitar o acceso á vivenda, rehabilitando ou construíndo inmobles para promocións públicas e tamén mediante liñas de axuda para a compra ou arrendamento.
Ao respecto, lembrou que ata o día 28 deste mes está aberto o prazo para solicitar as axudas do programa bono alugueiro mocidade, ao que poden acollerse persoas menores de 36 anos de idade. Así mesmo, ata o mes de outubro poderán solicitarse achegas para a adquisición de vivendas. A convocatoria contempla tres supostos: que estean situadas en municipios galegos de ata 10.000 habitantes, ou ben no ámbito dun centro histórico, ou cualificadas como vivenda protexida de protección autonómica.