A delegada da Xunta en Ferrol asiste á apertura do primeiro tramo das obras de humanización das Pías
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Ferrol, 11 de marzo de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acudiu esta mañá á inauguración do primeiro tramo das obras de humanización da avenida das Pías (FE-14), entre a estrada de Castela e a rotonda do Diapasón, onde celebrou a boa nova que para a cidade supón este fito.
Aneiros enmarcou o proxecto de humanización desta arteria viaria "na liña do que teñen que ser as cidades do futuro", onde se priorice ás persoas, coa creación de espazos de esparexemento e nos que se fomente unha mobilidade "máis accesible, segura e sostible".
Unha aposta que, como sinalou na súa intervención, van moi en consonancia coas políticas que está a implementar o Goberno galego e que exemplificou en iniciativas como o proxecto Abrir Ferrol ao Mar, cuxa primeira fase xa está operativa na fachada marítima da cidade.