Alfonso Villares pon en valor as axudas autonómicas para equipamentos portuarios na confraría de Barallobre beneficiaria de máis de 59.000 €

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O pósito executou obras de mellora na impermeabilización da cuberta, fachadas así como o saneado e pintado do interior da lonxa ademais de adquirir un produtor de xeo e mesas de clasificación de molusco 
  • O titular de Mar destacou que na última convocatoria, ante a elevada demanda e relevancia dos portos pesqueiros, o Goberno galego ampliou o crédito en case 3,4 millóns de euros o que fixo posible financiar 47 proxectos
  • Tamén coñeceu de primeira man o desenvolvemento da campaña da vieira nesta zona da que xa se capturaron 73 toneladas, o 90% de gran tamaño, polo que os técnicos da Consellería están avaliando a posibilidade de prolongar a actividade extractiva

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Fene (A Coruña), 11 de marzo de 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a Confraría de Barallobre que foi unha das entidades beneficiarias destas achegas, con máis de 59.000 euros, que permitiron a execución da impermeabilización da cuberta da lonxa, das fachadas e ao saneado e pintado anticondensación do interior do edificio así como á adquisición dun produtor de xeo e de dúas mesas para clasificar o molusco. Alí destacou que na última convocatoria, ante a gran cantidade de solicitudes presentadas e a relevancia que teñen os portos pesqueiros, a Xunta ampliou o crédito en case 3,4 millóns de euros o que fixo posible financiar un total de 47 proxectos.

O responsable autonómico informou que en total foron cinco confrarías da comarca de Ferrol que foron beneficiarias destas axudas que agrupan a máis de 550 profesionais do mar que comercializaron 1.400 toneladas no 2024 cunha facturación de 10,7 millóns de euros. Nesta liña salientou que estes apoios súmanse a outros realizados nos últimos anos a estas mesmas organizacións para o desenvolvemento doutros proxectos. 

Así, a propia Confraría de Barallobre recibiu 73 mil euros dirixidos á rexeneración do banco marisqueiro Pazo da Merced no 2022, a Confraría de Cedeira executou a instalación de paneis fotovoltaicos cun investimento de máis de 32 mil euros, e  para a colocación de vestiarios por valor superior aos 37 mil euros no 2021 ou a Confraría de Mugardos recibiu de 52.000 euros para o desenvolvemento dun proxecto de conservación e protección dos recursos mariños vivos e os seus ecosistemas.   

A Xunta continúa avanzando na mellora dos equipamentos portuarios galegos coa concesión de novos apoios ao sector para o desenvolvemento de proxectos colectivos para a modernización e mellora das infraestruturas portuarias, nos lugares de desembarque, lonxas ou ancoradoiros, cofinanciados a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA). Este ano mobilizando 9 millóns de euros co obxectivo de acadar un sistema portuario pesqueiro máis eficaz economicamente, tecnoloxicamente avanzado, socialmente integrador, enerxeticamente eficiente e que contribúa á neutralidade climática.

Campaña da vieira 

O titular de Mar aproveitou a súa presenza para coñecer de primeira man o desenvolvemento da campaña da vieira que se está a desenvolver neste pósito no que no dia de hoxe se descargaron preto do tope diario de 1.700 quilos desta especie.  Unha cantidade que se suma ao extraído desde o inicio da campaña o pasado 20 de xaneiro que eleva a produción ata as 73 toneladas na que participan 12 embarcacións -2  de Mugardos, 3 de Barallobre e 7 de Ferrol- que empregan a 34 tripulantes. Destaca a calidade o bo tamaño do produto, xa que o 90% supera os 13 cm de talla, polo que estase estudando polo técnicos da Consellería a posibilidade de prolongar unha semana máis a actividade extractiva ata o vindeiro 20 de marzo. 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/03/2025
940434 {"title":"Alfonso Villares pon en valor as axudas autonómicas para equipamentos portuarios na confraría de Barallobre beneficiaria de máis de 59.000 €","published_date":"2025-03-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/164406-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"940434"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-11/940434-alfonso-villares-pon-valor-as-axudas-autonomicas-equipamentos-portuarios-na-confraria-barallobre-beneficiaria-mais-59-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.