A Xunta actualiza a regulación da publicidade nas farmacias e fixa os requisitos que deben cumprir na súa actividade en internet ou redes sociais

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que o obxectivo é limitar calquera comunicación que "fomente o uso de medicamentos" o cause un "prexuízo" á saúde da cidadanía
  • As boticas só poderán publicitarse incluíndo o enderezo, teléfono ou horario nos tickets, bolsas, empaquetado e na web así como informando das campañas sanitarias nas que participan
  • O novo decreto prohibe que as farmacias inclúan ferramentas de autodiagnóstico nos seus perfís en internet así como recorrer a influencers con fins publicitarios
  • A sinalización das oficinas de farmacia deberá ser sempre unha cruz verde grega ou de malta que só estará acendida durante os seus horarios de apertura e de garda
  • O decreto establece un prazo de seis meses para adaptarse a esta nova normativa

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, informou de que o Consello da Xunta aprobou esta mañá o novo decreto polo que se regula a sinalización, identificación, información, publicidade e actividades promocionais das oficinas de farmacia e boticas anexas. 

Tal e como explicou Calvo, o obxectivo é actualizar a lexislación vixente, de 2008, e adaptala "á nova realidade social, sobre todo no ámbito dixital". Por iso, o novo decreto regula tamén os requisitos que deben cubrir as oficinas de farmacia na súa actividade en internet sexa a través dunha web propia ou das redes sociais. "Queremos limitar calquera tipo de comunicación ou publicidade que fomente o uso de medicamentos ou que poida supoñer un prexuízo á saúde ou seguridade da cidadanía", indicou o conselleiro.

Estruturado en 8 artigos, o novo texto introduce unha serie de prescricións nas que se definen os requisitos que deben cumprir este tipo de establecementos sanitarios na súas actividades publicitarias e informativas. Así mesmo, tamén estandariza os elementos de sinalización das oficinas de farmacia na nosa comunidade.

Coa nova regulación, as oficinas de farmacia poderán publicitarse a través dos envoltorios, bolsas ou o papel empregado para os produtos dispensados, así como a través dos tickets de venda, a internet e mensaxería instantánea ou similares, sempre e cando nestas informacións consten, unicamente, os seus datos xerais de identificación: enderezo, contacto, horarios, calendario de gardas, etc. Tamén se permitirá a publicidade a través destes medios, das actividades sanitarias ou servizos autorizados ou acreditados pola administración sanitaria, que se realicen na oficina de farmacia.

Regulación das informacións no ámbito dixital

Entre as novidades que achega o decreto destaca a regulación de todas aquelas informacións e publicidade que as oficinas de farmacia difundan no ámbito dixital, ben sexa a través da súa páxina web, ou ben por medio das súas redes sociais. 

Nestas plataformas, ademais de proporcionar datos sobre a súa localización e contacto, estará permitido achegar "información xeral sobre o uso racional de medicamentos" promovidos pola Administración sanitaria e os colexios oficiais de Farmacia, promover a educación sanitaria e a prevención das enfermidades, e tamén informar sobre aquelas campañas sanitarias nas que participe.

O envío de boletíns informativos por parte das oficinas de farmacia, o uso de tarxetas de fidelización ou ferramentas similares, así como a participación en campañas promocionais de calquera tipo, unicamente estarán permitidas cando non se refiran a medicamentos nin a produtos sanitarios e así se faga constar expresamente.

Están permitidos descontos sobre o prezo de venda que se contemplen na normativa de aplicación ou as promocións propias dos fabricantes ou distribuidores. Igualmente, as farmacias só poderán ofrecer incentivos, agasallos, premios ou obsequios, nos casos permitidos na normativa básica que resulte de aplicación.

Pola contra, tal e como explicou Calvo, nin a súa web, nin as súas redes sociais "poderán ofrecer ou enlazar con ferramentas de autodiagnóstico ou automedicación", nin tampouco estará permitido facer publicidade da oficina de farmacia mediante a intervención de persoas de relevancia ou impacto mediático -influencers-.

Sinalización das oficinas de farmacia

Outra das medidas que inclúe este novo decreto, que substituirá o Decreto 107/2008, do 15 de maio, será a regulación relativa á sinalización e identificación das oficinas de farmacia e boticas anexas. 

Neste sentido, o decreto define e estandariza os elementos de rotulación e soportes que deben empregar os establecementos farmacéuticos, co obxectivo de facilitar a súa localización por parte da cidadanía.

Así, a sinalización das farmacias será sempre unha cruz grega ou de malta, de cor verde que soamente permanecerá coa iluminación acendida durante os seus horarios de apertura e de garda.

No texto deste decreto, en cuxa elaboración participaron os colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia, establécese un prazo de seis meses para adaptarse aos requirimentos dunha normativa que reforza a condición de establecemento sanitario das farmacias.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/03/2025
940028 {"title":"A Xunta actualiza a regulación da publicidade nas farmacias e fixa os requisitos que deben cumprir na súa actividade en internet ou redes sociais","published_date":"2025-03-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/164677-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"940028"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-10/940028-xunta-actualiza-regulacion-da-publicidade-nas-farmacias-e-fixa-os-requisitos-deben-cumprir-na-sua-actividade-internet-ou-redes-sociais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.