O Servizo Galego de Saúde exporta a plataforma de teleasistencia domiciliaria TELEA a catro rexións de Suecia e Italia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O sistema TELEA será pilotado nas rexións de Norrbotten, en Suecia, e no Piemonte, Teramo e Emilia-Romagna, en Italia
  • O proxecto europeo Joint Action Circle ten como obxectivo transferir e implantar seis boas prácticas dos servizos de atención primaria de Bélxica, España, Portugal e Eslovenia entre os outros 12 países participantes
Imagen del artículo O Servizo Galego de Saúde exporta a plataforma de teleasistencia domiciliaria TELEA a catro rexións de Suecia e Italia
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2025

O Servizo Galego de Saúde exporta a plataforma de teleasistencia domiciliaria TELEA a catro rexións de Suecia e de Italia. A técnica da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Carmen Orosa, e o coordinador do Nodo de innovación do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Daniel Simón, asistiron en Liubliana (Eslovenia) á xuntanza anual que organizan os socios do proxecto europeo Joint Action Transfer of Best Practices in Primary Care (CIRCE), onde exhibiron e puxeron en valor a plataforma do sistema sanitario público galego.  

O proxecto europeo CIRCE ten como obxectivo a transferencia de seis boas prácticas dos servizos de atención primaria de España, Bélxica, Portugal e Eslovenia para seren implantados  noutros 12 países membros. 

Neste sentido, o sistema de teleasistencia domiciliaria do Servizo Galego de Saúde TELEA será pilotado en catro rexións europeas, concretamente, en Norrbotten, Suecia; e no Piemonte, Teramo, Emilia-Romagna, en Italia.

Durante os días 5 e 6 de marzo, representantes do proxecto CIRCE participaron nas xornadas informativas nas que os países propietarios das boas prácticas e os seus respectivos implementadores abordaron as principais características das pilotaxes, así como aqueles cambios que executarán sobre as prácticas orixinais, de acordo ao sector poboacional ao que vai dirixida, o número de pacientes implicados, a localización e duración da pilotaxe.

Os representantes do Servizo Galego de Saúde e da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) compartiron coas rexións as súas impresións sobre os métodos de avaliación para medir o impacto dos proxectos e a súa sustentabilidade, así como outros factores claves para acadar o éxito na posta en marcha destes programas. 

A segunda das xornadas continuou coa presentación das tarefas que se van realizar no proceso de transferencia, implementación, reforzo de capacidades e sustentabilidade,  todas elas elementos clave para continuar co desenvolvemento conxunto e coa implementación e a transferencia de prácticas sanitarias durante os vindeiros meses.

A reunión presencial de CIRCE-JA permitiu analizar as actividades realizadas durante o último ano da Joint Action CIRCE e tamén reforzar a cooperación e o diálogo entre as rexións participantes.

Así mesmo, xerou un espazo para programar as liñas de traballo ata o fin dos proxectos para garantir a  efectiva implementación das 6 boas prácticas nos sistemas sanitarios das rexións piloto e así reforzar a atención primaria nos estados membros participantes.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/03/2025
939839 {"title":"O Servizo Galego de Saúde exporta a plataforma de teleasistencia domiciliaria TELEA a catro rexións de Suecia e Italia","published_date":"2025-03-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"939839"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-09/939839-servizo-galego-saude-exporta-plataforma-teleasistencia-domiciliaria-telea-catro-rexions-suecia-e-italia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.