A Xunta financia con 77.500 euros a compra de dúas carretillas eléctricas para a confraría de Cambados
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Trátase dun proxecto de mellora, optimización de procesos e mellora de condicións de traballo subvencionado polo GALP
- O GALP tamén subvencionou a Confraría de Pescadores San Martín do Grove con máis de 246.000 euros

Cambados, 7 de marzo de 2025
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a Confraría de Pescadores Santo Antonio de Cambados, que recibiu unha axuda da Xunta de 77.500 euros para a compra de dúas carretillas eléctricas.
Trátase dun proxecto de mellora, optimización de proceso e mellora de condicións de traballo subvencionado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), co que se busca fomentar a produtividade desta confraría, á vez que se aposta pola comodidade dos traballadores e pola sustentabilidade dos seus sistemas.
O delegado territorial destacou a importancia de seguir "colaborando coas confrarías como forma de apoio a un sector clave en Galicia que, máis alá do seu impacto económico, ten un impacto cultural e identitario que todos debemos defender".
Cabe destacar outra das grandes axudas da GALP na comarca do Salnés, como é a subvención que recibiu a Confraría de Pescadores San Martín do Grove por valor de máis de 246.000 euros. Esta axuda permitiu instalar un sistema de control horario; adquirir unha furgoneta isotermo con remolque; adquirir un motor foraborda; e impartir un curso de oficio de collareira.
Os GALP
Galicia conta con oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) actúan sobre un territorio onde se asenta máis da metade da poboación de Galicia (o 55%) e promoveron entre 2016 e 2022 máis de setecentos proxectos que mobilizaron 80 millóns de euros de investimento público-privado, que se multiplicaron para dinamizar a economía galega cun impacto superior aos 215 millóns de euros e a xeración directa ou indirecta de máis de 4.500 empregos.