Román Rodríguez salienta o papel da educación na aposta pola igualdade e garante dunha sociedade máis xusta, equitativa e respectuosa

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Educación comparte co alumnado do Instituto Aller Ulloa de Lalín unha xornada de actividades co gallo do Día Internacional da Muller
  • Tamén se suma aos actos organizados polo Concello de Mos en homenaxe ás mestras e profesoras das escolas e colexios deste municipio pontevedrés

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Lalín/Mos (Pontevedra), 7 de marzo de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Instituto IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín para compartir co estudantado e o profesorado deste centro as distintas actividades que están a levar a cabo co gallo do Día Internacional da Muller, que se celebra mañá.

Na súa visita, o titular de Educación do Goberno galego salientou o papel "fundamental" que xoga o ensino nas xeracións máis novas na medida en que estas "serán as garantes dunha sociedade máis xusta, igualitaria e respectuosa". No sistema educativo galego, estes valores abórdanse desde unha perspectiva integral e multidisciplinar. Non obstante, Román Rodríguez fixo fincapé en que desde a Consellería de Educación se impulsan unha serie de programas concretos para unha abordaxe máis específica do papel da muller en todos os eidos, como é o caso de EduReferentes, no que participan este curso 20 centros de toda Galicia, entre eles o Ramón María Aller Ulloa. A través deste programa, os estudantes coñecen de primeira man a experiencia de mulleres líderes nos seus sectores, co fin de visibilizar a figura da muller en postos tradicionalmente masculinizados.

Por outra parte, no actual contexto onde a capacidade de innovación é fundamental para o avance da sociedade en todos os eidos, Román Rodríguez referiuse tamén á importancia de impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade e, especialmente, entre as mulleres.

Para iso a Consellería conta con programas como StemBach ou Club de Ciencia, que cada vez teñen máis aceptación entre as estudantes. De feito, no StemBach este curso participan 53 centros e 1.125 persoas matriculadas das cales o 54,4% son mulleres. Tamén no Club de Ciencia hai máis mulleres matriculadas ca homes. Este curso participan máis de 200 centros con 17.681 alumnos, dos que preto do 51% son mulleres, cifras que avalan que cada vez máis as mulleres apostan por formación deste tipo.

Román Rodríguez salientou que, precisamente, o IES Aller Ulloa é un bo exemplo desta dinámica, xa que participa nos dous programas con máis matrículas de rapazas que de rapaces. No caso do StemBach conta con 19 matrículas, 12 delas mulleres e 7 homes; mentres que no Club de Ciencia hai 30 matriculados dos cales 18 son rapazas e 12 rapaces.

No percorrido polo centro, o conselleiro coñeceu de primeira man outras iniciativas do alumnado co motivo do Día da Muller como os proxectos desenvolvidos no Club de Lectura arredor do libro Memorias dun neno labrego de Neira Vilas, un vídeo-poema do texto Chámanlle a marquesiña, de Castelao, a mostra Mulleres na Diáspora ou a exposición dunha táboa periódica de mulleres científicas, entre outros.

Homenaxe a profesoras e mestras en Mos

Román Rodríguez súmase tamén esta tarde aos actos do Día da Muller organizados polo Concello de Mos e que nesta edición rende homenaxe ás mestras e profesoras das escolas e colexios deste concello pontevedrés.

Neste evento reivindícase o papel de 12 mulleres educadoras que contribuíron a escribir a historia deste concello desde unha perspectiva feminina. As homenaxeadas son Dolores Vila Carrera (mestra do rural), Begoña Pérez Vila (IES de Mos), Balbina Rodríguez Varela (CEIP Castro Mos e CEIP Petelos), Mª Encarnación Pérez Otero (Unitaria Dornelas e CEIP Pena de Francia), Mª Jesús Rodríguez Pérez (CEIP Atín-Cela), Yolanda Morante Morante (CEIP Atín-Cela), Mª Sol Pombo Expósito (Colegio Lar), Mª del Carmen Vázquez González (O Castro British International School), Camino Delicado Muñoz (CEIP Castro Mos e IES de Mos), Mª Luz Carballo Gaspar (CEIP Mestre Valverde Mayo), Mª de los Ángeles González Martínez (CEIP Mestre Valverde Mayo) e Teresa Castro López (CIP Castro Mos).

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/03/2025
936991 {"title":"Román Rodríguez salienta o papel da educación na aposta pola igualdade e garante dunha sociedade máis xusta, equitativa e respectuosa","published_date":"2025-03-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/164062-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"936991"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-07/936991-roman-rodriguez-salienta-papel-da-educacion-na-aposta-pola-igualdade-e-garante-dunha-sociedade-mais-xusta-equitativa-e-respectuosa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.