Catro empresas presentan as súas ofertas para acometer a reforma integral do centro de saúde da Milagrosa de Lugo, cun investimento da Xunta de 3,2 M€
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O centro de saúde será renovado por completo reorganizando e ampliando os seus espazos para ofrecer unha atención sanitaria máis cómoda e eficiente
- Tras esta actuación, o centro de saúde da Milagrosa contará con 6 consultas de medicina xeral, 6 de enfermería e novas salas destinadas á docencia, á atención de urxencias e á toma de mostras, entre outras
- A previsión é que as obras dean comezo durante o vindeiro verán e que a súa execución se estenda por un período de 18 meses
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025
Un total de catro empresas presentaron as súas ofertas para acometer a reforma integral do centro de saúde da Milagrosa de Lugo, que suporá un investimento da Xunta de 3,2 millóns de euros.
O centro de saúde da Milagrosa será renovado por completo, reorganizándose e ampliando os seus espazos para ofrecer unha atención sanitaria máis cómoda e eficiente aos seus usuarios.
Así, cando se completen as obras de reforma, o centro de saúde da Milagrosa contará con 6 consultas de medicina xeral, 6 de enfermería, así como con novas salas destinadas á docencia, ás urxencias e para a toma de mostras.
Ademais, tamén contará cunha área de admisión completamente renovada, e novas zonas destinadas ao seu persoal.
A previsión é que as obras dean comezo durante o verán, e que a súa execución se estenda por un período de 18 meses.