A Xunta asume a xestión do primeiro albergue público da rede do Xacobeo na Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, asinaron hoxe o acordo de cesión do inmoble situado en Carril
- Xosé Merelles adiantou que se prevé a súa apertura durante o verán despois de investir 50.000 euros en mobiliario e outros gastos para poñer a punto as instalacións
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 6 de marzo de 2025
Turismo de Galicia traballa para poñer a punto o inmoble cedido polo Concello de Vilagarcía de Arousa á Administración autonómica para que comece a funcionar durante o verán como albergue público de peregrinos. Así o anunciou hoxe o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, no acto de sinatura de cesión do inmoble por parte do Concello, representado polo seu alcalde, Alberto Varela.
Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia salientou que se trata "do primeiro albergue da rede pública do Xacobeo na Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla". Deste xeito, serán 78 centros nas diferentes rutas e 30 novas prazas que se sumarán ás 3.323 existentes na actualidade no conxunto de albergues autonómicos.
"A nova infraestrutura xacobea -engadiu Xosé Merelles- súmase á aposta do Goberno galego por revitalizar a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla que xunto co centro de recepción de peregrinos suporá un impulso importante á tradición xacobea de Ría de Arousa".
Segundo explicou Xosé Merelles, a cesión por parte do Concello faise libre de cargas e gravames por un período de 30 anos e a edificación existente ten a súa orixe nun proxecto de ampliación do Centro Sociocultural de Carril elaborado polo arquitecto Carlos Berride Ferreira no ano 2006.
Posteriormente, o Concello decidiu convertelo nun albergue de peregrinos. Así, o edificio actual inclúe a recepción de peregrinos para o que se construíra a cabina de alberguero, unha zona de lavandería e un acceso restrinxido a un local de instalacións.
O albergue tamén ten unha cociña-comedor accesible e cinco dormitorios que se distribúen no primeiro andar e no baixocuberta. Ademais, dispón dun cuarto para persoas con mobilidade reducida.
A Xunta asumirá a xestión do albergue, incluíndo a instalación do mobiliario, a contratación do persoal e a administración diaria do centro. Turismo de Galicia investirá nestes apartados un total de 50.000 euros.