A Xunta busca novas vías de colaboración con Paraguai na reunión co seu embaixador en España
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou a gran vantaxe de Galicia fronte a outras rexións europeas pola súa relación histórica cos seus países socios
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe o embaixador da República de Paraguai en España, Justo Apodaca. Á xuntanza tamén asistiron o cónsul honorario do país en Santiago de Compostela e o primeiro secretario da Embaixada.
No encontro incidiuse sobre a importancia das exportación galegas a Paraguai, que aumentaron en máis dun 10% en 2024 en comparación co ano anterior: un 30,5% no sector agroalimentario, un 7,4% no textil e un 6,8% no sector metalmecánico. Ademais, a previsión mantense á alza para o 2025, xa que cada vez son máis empresas galegas as que fan negocio co país suramericano.
Diego Calvo sinalou que Galicia ten unha gran vantaxe competitiva fronte a outras rexións europeas grazas á proximidade histórica coa Arxentina, co Brasil, con Paraguai e co Uruguai. O conselleiro tamén recalcou a intención de Galicia en incrementar as relacións económicas en sectores como o agroalimentario, a construción, enerxías renovables, saúde ou as TIC.