María José Gómez pon en valor o traballo do alumnado do CEIP Plurilingüe de Nadela co proxecto O mundo que queremos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 6 de marzo de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e pola vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Elena Candia, visitou o CEIP Plurilingüe de Nadela en Lugo, onde puido coñecer o proxecto documental integrado O mundo que queremos.
Durante a visita, a conselleira salientou o traballo do alumnado nesta iniciativa proposta polo equipo da biblioteca do centro, coa que se está a facer fincapé en diversas cuestións como a posta en valor do medio rural, a loita contra o cambio climático, a educación ou a igualdade da muller, entre outros temas.