A Xunta convida a reflexionar sobre o acceso da muller á ensinanza artística a través dunha exposición do Arquivo de Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Nun percorrido histórico por fotografías, regulamentos ou exercicios de entre 1785 e 1962, afóndase na escaseza de mulleres entre alumnado e profesorado ou na súa discriminación na admisión a determinadas clases por razóns de decoro e moralidade
  • Encadrada na programación do Goberno galego con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, poderá visitarse ata finais deste ano nas dependencias do Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura
Imagen del artículo A Xunta convida a reflexionar sobre o acceso da muller á ensinanza artística a través dunha exposición do Arquivo de Galicia
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca e Arquivo de Galicia a exposición Mulleres artistas: aprendendo o oficio enmarcada na programación do Goberno galego con motivo do Día da Muller, que se celebra o vindeiro 8 de marzo. Trátase dunha mostra coa que se convida a reflexionar sobre o acceso da muller á educación artística e que se poderá visitar na Cidade da Cultura ata finais deste ano. 

Tal e como explicou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a mostra artéllase a partir de documentos históricos orixinais de entre 1785 e 1962, procedentes de dúas institucións fondamente enraizadas na cidade de Santiago de Compostela: a Real Sociedade Económica de Amigos do País e da Escola de Artes e Oficios. Neste percorrido por fotografías, regulamentos de funcionamento, informes, láminas ou exercicios afóndase, por exemplo, na escaseza de alumnas matriculadas ou a súa práctica inexistencia nos cadros de persoal do profesorado.

Así mesmo, na presentación Anxo M. Lorenzo destacou que esta mostra documental "é un pertinente recordatorio do difícil camiño ao que moitas mulleres se enfrontaron para conseguir o acceso á educación artística dun xeito igualitario, e tamén para lograr o recoñecemento social do seu talento". Así, malia que nas clases altas e medias estaba socialmente aceptada a asistencia de mulleres a leccións de debuxo e pintura, lembrou o representante da Xunta de Galicia, "estas ensinanzas constituían un elemento máis dunha formación non encamiñada ao exercicio profesional". 

Neste sentido, a exposición amosa por exemplo expedientes para o establecemento dunha escola de nenas nos que se xustifica o interese de que as mulleres aprendan a debuxar en que poidan trasladar este coñecemento a labores tradicionalmente feminizados, "para que executen con gusto e propiedade os diferentes bordados". Neste mesmo documento, de 1835, atópanse referencias a como a moralidade da época discriminaba as mulleres na asistencia a clases de debuxo natural da anatomía, ao propoñer ocultar parte da colección de figuras humanas da escola por atopárense "espidas e en actitudes non moi decorosas para a exposición do sexo inocente".

'Clase de pintura', de Elvira Santiso

Mulleres artistas: aprendendo o oficio exhibe tamén unha reprodución do cadro Clase de pintura, de Elvira Santiso. O lenzo, pertencente á Real Sociedade Económica de Amigos do País e elixido como imaxe gráfica da mostra, representa precisamente un grupo de nenas e mulleres asistindo a unha lección de pintura. En 2024 foi exhibido no Museo do Prado como parte da exposición Arte y transformaciones sociales en España 1885-1910.

A pintora Elvira Santiso representou un caso excepcional na historia da escola de debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País, onde foi alumna do retratista José María Fenollera Ibáñez para despois suceder o seu mestre no cadro docente. A obra de Santiso foi exhibida en diferentes cidades galegas e tamén en Madrid, Bos Aires ou Montevideo, obtendo diversos recoñecementos, entre eles a medalla Afonso X o Sabio, precisamente polo seu labor docente.

Serie 'Mulleres sobranceiras'

Mulleres artistas: aprendendo o oficio súmase á serie de exposicións que, baixo o título Mulleres sobranceiras, o Arquivo de Galicia inaugura de xeito anual coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller. Sempre artelladas a partir dos seus fondos documentais, estas mostras afondaron nos últimos anos en cuestións como a condición de muller migrante ao longo da historia, os patróns de xénero no ingreso de mulleres en institucións de saúde mental como o Hospital de Conxo ou tamén en figuras históricas da nosa cultura como Concepción Arenal ou Luz Pozo Garza.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 05/03/2025
933733 {"title":"A Xunta convida a reflexionar sobre o acceso da muller á ensinanza artística a través dunha exposición do Arquivo de Galicia","published_date":"2025-03-05","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/163227-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"933733"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-05/933733-xunta-convida-reflexionar-acceso-da-muller-ensinanza-artistica-traves-dunha-exposicion-do-arquivo-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.