A Xunta executa 187 proxectos dos GALP por valor de máis de 30,6 M€, contribuíndo á sustentabilidade e á resiliencia das comunidades costeiras

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Estas actuacións, que xeran beneficios en 25 sectores económicos, converten a estes Grupos nun claro motor do desenvolvemento dos territorios nos que están implantados
  • A través desta iniciativa, a Consellería conseguiu involucrar aos profesionais do mar, de xeito que a maioría dos promotores son do ámbito da produción (63 %), seguidos dos de pesca, dos de patrimonio cultural e dos de diversificación e turismo marítimo
  • En termos de emprego, prevese a creación de 148 postos de traballo directos e o mantemento de máis de 230 a tempo completo. Destes, o 68 % corresponden a mulleres e o 44 % ao mozos de ata 40 anos para favorecer a remuda xeracional 

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 04 de marzo de 2025

A Consellería do Mar, a través dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), executa 187 proxectos que superan os 30,6 millóns de euros de investimento, xerando beneficios en 25 sectores económicos. Estas iniciativas, que se converten nun claro motor do desenvolvemento dos territorios nos que están implantados, inclúense no marco das dúas últimas convocatorias do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), tal e como expuxo a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro no Parlamento de Galicia, Marta Villaverde, e nas que a perspectiva de xénero, a remuda xeracional e a inclusión social consolídanse como piares fundamentais da estratexia, contribuíndo, en paralelo, á sustentabilidade e resiliencia das comunidades costeiras.

Estas actuacións recibiron un total de axuda pública de máis de 15,5 millóns e un investimento privado doutros 15 millóns, chegando a un grao de medio de execución do 38 % do orzamento das estratexias dos Grupos e sendo os de Ría de Arousa, Ría de Vigo e Ría de Pontevedra os que presentan unha maior porcentaxe no desenvolvemento destas accións, cuxa maioría van dirixidas a dar resposta aos obxectivos concretos do desenvolvemento económico e social das comunidades locais. Así, as accións vinculadas ás actividades económicas (AE) representan o 44 % da axuda pública, cunha media por cada una de 98.800 euros. Pola súa banda, as sen ánimo de lucro (ASAL), representan o 56 %, cunha achega media de 74.000 euros. En total, os GALP teñen un impacto claramente positivo na economía de Galicia, cifrado en 47 millóns de euros, triplicando o investimento público inicial, segundo detallou a directora xeral.

Desenvolvemento da economía azul

Facilitar o investimento privado encaixa no obxectivo específico da prioridade 3 do FEMPA, contribuíndo a posibilitar unha economía azul nas zonas costeiras e a fomentar o seu desenvolvemento socioeconómico. Por iso, a valorización dos produtos da pesca case supoñen a metade dos proxectos (45 %), seguidos dos de diversificación (24 %), de tal xeito que estes dous obxectivos concentran o 69 % dos proxectos e o 69 % da axuda pública. Do mesmo xeito, a valorización case acada os 5,5 millóns de euros (35 %), mentres que a diversificación atraeu máis de 5,3 millóns de euros (34 %).

Participación do sector

O seguimento que ser realiza destas axudas permite afirmar que se conseguiu involucrar aos profesionais do mar, segundo expuxo Villaverde. Proba delo, é que a maioría dos promotores do sector pesqueiro pertencen ao sector da produción (63 %), que ademais obtiveron o 73 % da axuda pública adxudicada aos operadores deste sector. Dos máis de 5,4 M€ de subvención destinados a proxectos de pesca, 4.444.598 € estiveron centrados en actividades da cadea de valor (produción, transformación e comercialización), mentres que 388.323 € foron dirixidos a accións de patrimonio cultural pesqueiro e 651.283 € a iniciativas de diversificación e turismo marítimo costeiro.

A pesca costeira artesanal xoga un papel clave na economía e sostibilidade das comunidades mariñeiras; de aí que o programa apoie 26 proxectos individuais que representan o 13 % da axuda pública total (2.030.919,31 €). As entidades asociativas do sector lideran a posta en marcha destes proxectos, pero tamén estiveron presentes no apoio as persoas físicas e xurídicas.

Emprego e remuda xeracional

En termos laborais, segundo relatou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro prevese a creación de 148 postos de traballo directos e o mantemento de máis de 230 a tempo completo. A este respecto, Marta Villaverde destacou que o 68 % previstos para a súa creación corresponde a mulleres. Ademais, no senso de apoiar a remuda xeracional, o 44 % dos empregos previstos van dirixidos a persoas mozas ata 40 anos.

En conclusión, remarcou Villaverde, son resultados que evidencian o papel clave destas axudas a través dos GALP, que están formados por 409 organizacións locais e agrupan a máis de 13.000 persoas do mar, e que xogan un papel crave na promoción da economía azul en Galicia, fortalecendo o sector pesqueiro e impulsando a súa competitividade e sustentabilidade a longo prazo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/03/2025
932211 {"title":"A Xunta executa 187 proxectos dos GALP por valor de máis de 30,6 M€, contribuíndo á sustentabilidade e á resiliencia das comunidades costeiras","published_date":"2025-03-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/162681-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"932211"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-04/932211-xunta-executa-187-proxectos-dos-galp-valor-mais-30-6-m-contribuindo-sustentabilidade-e-resiliencia-das-comunidades-costeiras https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.