Galicia, protagonista da nova campaña internacional de Turespaña 2025

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañou ao equipo de rodaxe que estes días se atopa na Comunidade galega rodando na provincia de Ourense
  • Recorda que a internacionalización é un dos obxectivos prioritarios da nova Estratexia de Turismo de Galicia 2030

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Merca (Ourense), 3 de marzo de 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, eloxiou que Galicia fose unha das Comunidades Autónomas elixidas por Turespaña para protagonizar este ano, coas súas paisaxes, gastronomía, tradición e recursos patrimoniais a campaña de difusión de destino de España a nivel internacional. No decurso da rodaxe que está a ter lugar estes días en distintas localizacións da provincia de Ourense, Xosé Merelles salientou a "extraordinaria oportunidade que brinda esta campaña para apoiar a estratexia de internacionalización da Xunta de Galicia".

Acompañado polo subdirector xeral de Marketing Exterior de Turismo de Turespaña, Enrique Ruiz de Lera, Xosé Merelles lembrou que en 2024, "o turismo internacional bateu todos os récords" alcanzando o 30% da demanda turística con crecemento de viaxeiros procedentes de Estados Unidos (+22,1%), Italia (11,8%) e Alemaña (5%). Ademais, referiuse ao gasto medio do turista internacional que visita Galicia que chega aos 170 euros, experimentando un crecemento do 14,3% con respecto a 2023. O director de Turismo de Galicia enmarcou esta acción promocional na estratexia de promoción desenvolvida pola Xunta de Galicia e recordou o bo ritmo dos datos turísticos tamén deste ano, cun incremento de viaxeiros do 4,3% no mes de xaneiro, segundo as últimas cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE) feitas públicas hoxe.

Xosé Merelles salientou o traballo da Xunta coa presenza, entre outras, en 30 feiras de carácter nacional e internacional, a asistencia a workshops de mercados de productos turísticos diversos como o turismo de negocios, de luxo ou de natureza en lugares como Portugal, Italia, París, Londres, entre outros moitos. Precisamente, esta é unha das principais misións incluídas na Estratexia de Turismo de Galicia 2030. Referíndose á campaña internacional, salientou que "Turespaña centra este ano o contido promocional do destino España a nivel internacional reforzando a súa aposta polo turismo de interior e buscando atractivos turísticos con identidade propia e auténticos".

O equipo de gravación estivo hoxe en A Merca, Ourense, e está a rodar o Entroido tradicional, que ocupará tamén as xornadas de gravación concretamente en Xinzo de Limia, cita recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional. Galicia comparte presenza nesta campaña xunto co resto das comunidades da España Verde -Principado de Asturias, Cantabria e Euskadi-, Estremadura e Andalucía.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 03/03/2025
931941 {"title":"Galicia, protagonista da nova campaña internacional de Turespaña 2025","published_date":"2025-03-03","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/162131-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"931941"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-03/931941-galicia-protagonista-da-nova-campana-internacional-turespana-2025 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.