A Xunta e as universidades lanzan CIGUS.GAL para difundir os centros de investigación en todo o mundo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A iniciativa forma parte das actuacións de visibilización e promoción do excelente labor destes centros, aos que o Goberno galego leva destinados preto de 68 M€
  • A Rede CIGUS está integrada por dez centros de investigación das universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, dos que forman parte 1.600 investigadores

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2025

A Xunta de Galicia e as universidades públicas galegas lanzan cigus.gal, unha nova web coa que promocionar en todo o mundo o labor dos centros de investigación que forman parte da Rede CIGUS. A través dela, nun formato actual e accesible, pódese coñecer polo miúdo o traballo dos dez centros das universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña que conforman esta rede.

Dispoñible en galego, castelán e inglés, conta con numeroso material audiovisual onde achegarse á tarefa dos investigadores, o funcionamento e estrutura da rede, así como outros detalles. A plataforma permite consultar as liñas de investigación e os proxectos que está desenvolvendo cada centro de investigación e as cifras que resumen a súa actividade e o impacto que xera. Ademais, ofrece datos de contacto de cada un deles.

A web, que conta tamén cun apartado para coñecer o programa de actividades, formación ou accións transversais nas que participan os centros e os investigadores, aspira a reforzar a visibilización da Rede CIGUS como estratexia de promoción exterior, que fomente a nivel internacional a I+D+i excelente das universidades públicas galegas.

Esta iniciativa súmase ao amplo abano de accións que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, sempre da man das propias universidades, leva a cabo para potenciar o ecosistema investigador vencellado a estas e reforzar o seu posicionamento e internacionalización como estrutura galega de referencia nesta materia.

Un retorno económico de 180 M€

A Rede CIGUS, un modelo único en España e cofinanciada no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, conta con máis de 1.600 investigadores e logrou captar máis de 180 M€ en proxectos competitivos nos últimos catro anos. Isto supón un importante retorno económico nunha rede á que o Goberno autonómico leva destinados preto de  68M€. De feito, na convocatoria actual, na que oito centros renovaron a súa acreditación e dous se incorporaron, increméntase un 31% a achega da Xunta.

Os centros de investigación que forman parte da Rede CIGUS son cinco pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), tres pola Universidade de Vigo (UVigo) e dous pola Universidade da Coruña (UDC). En concreto, pola USC son o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), o Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), o Centro de Investigación Singular en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) e o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS).

Pola UVigo, o Centro de Investigación en Tecnoloxías  de Telecomunicación(AtlanTTic), o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) e o Centro de Investigación Mariña(CIM).

Finalmente, pola UDC, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).

Plan de I+D+i

O impulso que está a realizar o Goberno galego para reforzar e posicionar a Rede CIGUS está contemplado no Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 que vén de aprobar a Xunta de Galicia. Este plan é a folla de ruta a seguir nos vindeiros anos co obxectivo de darlle á ciencia galega o impulso que precisa para posicionarse como un referente internacional. Está dotado con 1.310 M€ para medidas centradas no talento, na transferencia de coñecemento, nos servizos públicos e na especialización.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/03/2025
930147 {"title":"A Xunta e as universidades lanzan CIGUS.GAL para difundir os centros de investigación en todo o mundo","published_date":"2025-03-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/161432-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"930147"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-02/930147-xunta-e-as-universidades-lanzan-cigus-gal-difundir-os-centros-investigacion-mundo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.