A Xunta recibiu no primeiro día 3.186 solicitudes para o Bono Alugueiro Mocidade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Estas cifras, actualizadas ás 19 horas de hoxe, rexistráronse no primeiro día do prazo para presentar as citadas solicitudes 
  • A conselleira de Vivenda, María M. Allegue, lamentou a dotación insuficiente de fondos estatais para este bono, xa que a partida de 11,4M€ asignados a Galicia é para dous anos
  • Lembrou que que a Xunta ten reclamado ao Goberno central máis fondos para outros programas de axudas e apuntou que do Orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo para 2025 tan só o 10% se corresponde con fondos estatais
  • O Goberno galego mantén aberto o prazo de solicitudes para as axudas á adquisición de vivenda, nas tres liñas: para menores de 36 anos en concellos de menos de 10.000 habitantes, para centros históricos e para mercar vivenda protexida

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2025

A Xunta recibiu no primeiro día de prazo, na sede electrónica do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), un total de 3.186 solicitudes para o Bono Alugueiro Mocidade.

Estas cifras, actualizadas ás 19 horas de hoxe, rexistráronse no primeiro día do prazo para presentar as citadas solicitudes para esta axuda para alugueiro, dirixida a menores de 36 anos e que acada os 250€ mensuais.

Os técnicos do IGVS avaliarán, a partir de agora, cada solicitude para comprobar o cumprimento dos requisitos e avanzar na tramitación.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,  durante unhas declaracións hoxe nunha visita en Vigo, volveu lamentar que os fondos para este bono non son suficientes, xa que ademais se trata dunha partida para dous anos.

Nesta última convocatoria do bono, o Ministerio de Vivenda asignou a Galicia preto de 11,4M€ para este 2025 e o 2026, unha cifra "que claramente resulta insuficiente", como criticou a conselleira, que lembrou que a Xunta ten reclamado ao Goberno central máis fondos para outros programas de axudas do Plan Estatal.

Allegue lembrou ademais que do Orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo para este ano 2025, tan só o 10% se corresponde con fondos estatais.

Por outra banda, a conselleira recordou que aínda continúa aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta para a compra de vivendas, nas tres liñas: a dirixida a mozos menores de 36 anos residentes en concellos de menos de 10.000 habitantes, para compra de vivenda en centros históricos e as destinadas a mercar vivenda protexida, cuxa contía pode alcanzar os 20.000 € que ademais son compatibles co Aval mozo, que cubre o 20% da hipoteca.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/02/2025
928571 {"title":"A Xunta recibiu no primeiro día 3.186 solicitudes para o Bono Alugueiro Mocidade","published_date":"2025-02-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/161235-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"928571"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-28/928571-xunta-recibiu-primeiro-dia-3-186-solicitudes-bono-alugueiro-mocidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.