A Filmoteca de Galicia celebra o Día da muller durante todo o mes de marzo con 16 traballos de dirección feminina

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A nova edición do programa 'Olladas de muller', que inclúe 11 títulos, arranca o día 5 co filme 'Prefiro condenarme', presentado pola cineasta Margarita Ledo
  • Continúa o ciclo 'Close-Up' cunha palestra para reflexionar sobre programación plural e un encontro con Itsaso Arana e Jonás Trueba
  • A Sala José Sellier acolle tamén unha retrospectiva sobre o director Shinji Sōmai en colaboración coa Fundación Japón
Imagen del artículo A Filmoteca de Galicia celebra o Día da muller durante todo o mes de marzo con 16 traballos de dirección feminina
A Coruña, 28 de febreiro de 2025

A Filmoteca de Galicia conmemora o Día da Muller durante todo marzo cunha nova edición do programa Olladas de Muller, coa proxección de 11 filmes e curtametraxes de autoría feminina, e con dúas actividades do ciclo Close-up, que ofrece un encontro con Jonás Trueba e Itsaso Arana e unha mesa de debate arredor da programación con perspectiva integradora. Neste mes, a cinemateca da Xunta acolle así mesmo un especial sobre o cineasta nipón Shinji Sōmai e dálle continuidade á retrospectiva sobre o director e produtor catalán Pere Portabella.

Do 5 ao 8 de marzo, regresa á sala José Sellier da Coruña o ciclo gratuíto Olladas de Muller, organizado en colaboración co Consello da Cultura Galega, coa visita de tres directoras galegas para presentar as súas últimas películas: Prefiro condenarme, de Margarita Ledo Andión (mércores 5); Filmei paxaros voando, de Zeltia Outeiriño (xoves 6), e As Neves, de Sonia Méndez (venres 7).

O programa tamén inclúe a proxección da longametraxe Elas também estiveram lá, no que a portuguesa Joana Craveiro afonda no papel das mulleres na revolución do 25 de abril, e de varios traballos de Nancy Savoco, unha cineasta independente norteamericana redescuberta hai pouco: Renata e True Love (día 5), Household Saints (día 7) e Bad Timing (sábado 8). Este último título compartirá sesión con outras curtas feitas nos últimos anos por directoras galegas: Vogar, de Andrea de la Iglesia; Deolinda sempre traballando, sempre cantando, de Alicia López, e 12 de maio de 1937, de Mar Caldas.

Dúas sesións e Close-Up

No marco de Close-Up: Cine e perspectiva de xénero, o martes 11 de marzo terá lugar un encontro con Itsaso Arana e Jonás Trueba vinculado á proxección do filme deste, Volveréis, do que haberá un segundo pase o venres 14. Nesta fita, Arana interpreta o papel dunha directora inspirado no propio Trueba, nun xogo de inversión de xéneros que encaixa á perfección coa temática do ciclo da Filmoteca de Galicia.

O mércores 12 de marzo terá lugar a mesa redonda Por unha programación plural coa participación de Javier H. Estrada, xefe de programación da Seminci de Valladolid; Nuria Cubas, directora de Filmadrid, e Irene Castro e Noah Benalal, do colectivo independente Roedor. O debate estará seguido da proxección de Las chicas están bien, a primeira longametraxe de Itaso Arana, que tamén poderá verse o xoves 13.

Nova colaboración con Fundación Japón

Outra das principais liñas desta nova carteleira é a retrospectiva dedicada ao cineasta Shinji Sōmai, organizada en colaboración coa Fundación Japón. Baixo o título Ventos de xuventude, entre os días 18 e 28 exhibiranse sete traballos do director, un dos máis representativos do cinema xaponés dos anos 80 e 90: Typhoon Club, Sailor Suit and Machine Gun, P.P. Rider, Dreamy fifteen, Love Hotel, Stepchildren e Kaza-hana. Esta selección préstalle especial atención a un dos xéneros que tan ben soubo explorar, as películas xuvenís.

Ademais, a sección Fóra de Serie presenta o mes que vén na Coruña os filmes The Human Hibernation, de Anna Cornudella Castro (día 13); Historia de una segadora, de Katsuhiko Fukuda (día 14), e Hilm pussy, de Nora El Hourch (días 21 e 25).

Por outra banda, en marzo remata o ciclo dedicado ao catalán Pere Portabella cunha ampla representación dos seus traballos na produción. É o caso de Los Golfos, de Carlos Saura (día 18); El cochecito, de Marco Ferreri (día 19); Tren de sombras. El espectro de Le Thuit, de José Luis Guerin (día 26), e In the same boat de Rudy Gnutti (día 27). Ademais, con entrada de balde, o día 20 de marzo presentarase o libro do propio Portabella Impugnar las normas. Intervenciones sobre arte, cine y política, presentado polo editor Esteve Riambau e coa proxección posterior de Constelación Portabella, de Claudio Zulian.

Off Galicia

En canto ás seccións gratuítas da programación da cinemateca da Xunta, Off Galicia regresa mañá sábado coa visita de Alberto Lobelle para mostrar Pico Sacro, documental co que gañou o Premio á Mellor Película en CineMística 2024. Xa contra finais de mes, o día 22 Alberto Castaño presentará Diez años de Fanzine Fest e o día 29 será a quenda de Nuria Vil, coa curta Delincuente e un coloquio posterior en colaboración con Ensaia.

Ademais, Dunia y el eco del tambor protagoniza Filmoteca Jr. o sábado 15, mentres que no marco de Materiais para una historia do cine en Galicia, o día 28 exhibiranse catro documentais realizados entre 1951 e 1974 polo Servizo de Extensión Agraria do Ministerio de Agricultura.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/02/2025
927020 {"title":"A Filmoteca de Galicia celebra o Día da muller durante todo o mes de marzo con 16 traballos de dirección feminina","published_date":"2025-02-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/161993-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"927020"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-28/927020-filmoteca-galicia-celebra-dia-da-muller-mes-marzo-16-traballos-direccion-feminina https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.