A Xunta inviste case un millón de euros na mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración do Salnés
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado visitou o Restaurante Beiramar, no Grove, que recibiu unha achega de máis de 16.000 euros para realizar varias melloras
- As subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas de aloxamentos e restauración beneficiaron a máis de 55 aloxamentos e unha decena de locais de restauración da provincia de Pontevedra por valor de máis de 1,6 millóns de euros, dos cales preto de un millón corresponden a empresas da comarca do Salnés
- A nova convocatoria desta liña de axudas xa está aberta e conta cun orzamento de 4,5 millóns de euros para toda Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
O Grove (Pontevedra), 28 de febreiro de 2025
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Restaurante Beiramar, no concello do Grove, con motivo das actuacións realizadas ao abeiro das subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas de aloxamentos e restauración que ofrece a Xunta a través de Turismo de Galicia.
Os xerentes do espazo renovaron o ventanal exterior do comedor e o solo das escaleiras de acceso ao mesmo; reformaron varios pasamans; colocaron unha xardineira na zona exterior; e instalaron unha porta automática acristalada grazas a unha achega de máis de 16.000 euros, co que a Xunta cubriu o 50 % do orzamento das obras.
Cabe destacar que na provincia de Pontevedra beneficiáronse destas axudas máis de 55 aloxamentos e unha decena de locais de restauración por valor de máis de 1,6 millóns de euros, dos cales preto dun millón corresponden a empresas da comarca do Salnés.
O delegado territorial aproveitou a visita para lembrar que "a Xunta segue apostando por un sector turístico que é sinónimo de calidade e excelencia" e destacou as "múltiples campañas e iniciativas que se están a levar a cabo para conseguir un turismo descentralizado e desestacionalizado que nos permita seguir acollendo aos visitantes que queiran coñecernos, sen desatender o coidado do noso patrimonio e da nosa contorna".
Xa está aberta unha nova convocatoria desta liña de axudas que como novidade, este ano conta con 1M€ máis de orzamento, co que o sector contará con 4,5M€ en toda Galicia para estas actuacións. As empresas interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o 11 de marzo.