Román Rodríguez avoga pola investigación educativa para adaptar o ensino aos cambios sociais
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Educación participa na presentación do libro 'A investigación educativa en Galicia 2015-2024', coordinado por Miguel A. Santos
- A Xunta fomentará a investigación e a innovación no sistema coa nova normativa de formación do profesorado con proxectos dirixidos a docentes e a centros
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, participaron hoxe na presentación do libro A investigación educativa en Galicia 2015-2024, coordinado por Miguel A. Santos e editado pola Editorial Galaxia. Este estudo constitúe unha ferramenta para a comunidade educativa ante a modernización do sistema, con análises con perspectivas novidosas e globais e cun amplo exercicio de posta en común da información recompilada.
O libro, que acolle o que deu de si a investigación educativa en Galicia nos 10 últimos anos, ofrece "ferramentas innovadoras aos docentes, ao alumnado e a todos os implicados nos procesos formativos", dixo o representante da Xunta, quen incidiu na importancia de "abrir novos camiños de presente e de futuro a través da investigación, que sempre tivo como obxectivo a mellora dos procesos educativos en todos os niveis".
Román Rodríguez subliñou a necesidade de adiantarse aos continuos e cada vez máis rápidos cambios que afectan en xeral á sociedade e, como parte dela, ao sistema educativo en eidos como a dixitalización ou a intelixencia artificial, entre outros. Neste sentido, sinalou que a nova normativa de formación do profesorado na que traballar o seu departamento porá o acento en fomentar a investigación e a innovación educativa.
Xeración de novo coñecemento
En concreto, incorpóranse dúas novas modalidades de formación, por unha banda os proxectos de investigación, dirixidos a grupos de docentes, que teñen como obxectivo a procura e xeración de novo coñecemento que dea resposta a un problema ou pregunta; por outra os de innovación, dirixidos a un centro educativo como unidade para facilitar a introdución de cambios novos para mellorar os procesos de ensino-aprendizaxe.
Ademais, o departamento autonómico de Educación conta cun centro onde se testan todas as novidades do ámbito educativo: o Centro de Innovación Educativa e Dixital. Desde este centro deuse forma a proxectos como cREAgal ou Ágora Dixital, que poñen a disposición dos docentes recursos que facilitan a súa práctica diaria.