Villares sitúa a gobernanza entre a Consellería e a cadea produtiva como decisiva para que as descargas de vieira estean a ser positivas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Incide na importancia de seguir respaldando a actividade marítimo-pesqueira, en aras de aumentar a competitividade das empresas e autónomos que a conforman e de por en valor o excelente produto que sae da costa galega, caracterizado pola súa sostibilidade
  • Avanza que, a través do Fempa, a Xunta destinará máis de 200.000€ ao reforzo da industria transformadora local, á mellora da comercialización, á recuperación da biodiversidade, ás accIóns do GALP e a axudas pola posible paralización temporal da frota

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Bueu (Pontevedra), 26 de febreiro de 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, supervisou este mércores a descarga de vieira do porto de Bueu, produto do que xa se comercializaron 10.000 quilos, alcanzando un valor no mercado de 63.500 euros.

Para o responsable autonómico son datos positivos, tal e como tamén manifestaron dende o sector, e que son o resultado da cogobernanza entre a Consellería e a cadea produtiva para a xestión sostible dos recursos pesqueiros de Galicia, supoñendo así un ingreso extra para as confrarías e, en consecuencia, un aumento na diversificación da súa actividade.

A este respecto, o conselleiro incidiu na importancia de respaldar con fondos públicos a actividade da cadea mar-industria, en aras de aumentar a competitividade das empresas e autónomos que a conforman e de por en valor o excelente produto que sae da costa galega que, ademais, é sostible e cumpre escrupulosamente os parámetros sanitarios que o fan apto para o seu consumo. Proba disto, explicou Villares, é que, neste caso concreto, inicialmente só estaba aberta a zona III (fondo da Ría de Pontevedra) pero, posteriormente, os técnicos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) avaliaron a zona II, (parte central), obtendo analíticas favorables que fixeron posible a apertura desta área. Asemade, nos vindeiros días está prevista unha nova analítica da Zona I, polo que se os resultados volven ser satisfactorios tamén podería quedar aberta.

A extracción de vieira nesta zona comezou o 3 de febreiro e ten que alcanzar un tamaño mínimo de 11,5 centímetros. Na campaña participan un total de sete barcos de Bueu, Aldán e Raxó. O pasado ano, nesta lonxa, en primeira venda, despacháronse máis de 356.600 quilos, o que supuxo un volume de negocio de  2,7 millóns de euros. Deste xeito, a de Bueu situouse en 2024 no posto 18 das 58 existentes en Galicia, sendo superada tan só (por orde de produción e facturación) por Vigo, A Coruña, Burela, Celeiro, Ribeira, Carril, Cedeira, O Grove, Cambados, Cangas, Noia, Muros, Marín, Fisterra, Malpica, Camariñas e Baiona. Polo que respecta aos buques con base neste porto, a cantidade posta á venda superou os 1,3 millóns de quilos e os 4,9 millóns de euros.

Apoio da Xunta

Villares trasladou a vontade do departamento que dirixe de seguir apoiando ao sector marítimo-pesqueiro de Bueu. Tal é así que, segundo avanzou, no marco do cofinanciamento que brinda o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) está previsto un investimento de preto de 207.000 euros en accións para o impulso da industria transformadora, da mellora da comercialización dos produtos do mar, da recuperación da biodiversidade, para os proxectos do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) ou para paliar as posibles perdas pola paralización temporal da frota.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/02/2025
923609 {"title":"Villares sitúa a gobernanza entre a Consellería e a cadea produtiva como decisiva para que as descargas de vieira estean a ser positivas","published_date":"2025-02-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/161240-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"923609"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-26/923609-villares-situa-gobernanza-conselleria-e-cadea-produtiva-como-decisiva-as-descargas-vieira-estean-ser-positivas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.