Medio Rural destina 6,5 M€ para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas e para fomentar a súa promoción en terceiros países
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións destas achegas, cun investimento de 5,2 millóns de euros e 28 solicitudes aprobadas, no caso da primeira, e de 1,3 millóns e 13 beneficiarios, na segunda
- O obxectivo é mellorar o rendemento global das empresas do sector vitivinícola e a súa adaptación ás demandas do mercado, así como aumentar a súa competitividade e promocionar o coñecemento das características e a calidade dos viños galegos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2025
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as resolucións da Consellería do Medio Rural das axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas e para a execución de medidas de promoción deste sector en mercados de terceiros países, cun investimento de algo máis de 6,5 millóns de euros.
As achegas para a elaboración e comercialización permitiron beneficiar 28 entidades, a maior parte delas nas provincias de Ourense e Pontevedra, cun orzamento de 5,2 millóns de euros. Esta liña ten como obxectivo mellorar o rendemento global das empresas do sector vitivinícola e a súa adaptación ás demandas do mercado, así como aumentar a súa competitividade.
Ademais, contribúen tamén a fomentar a certificación ambiental das empresas; propiciar a produción ecolóxica e os produtos acollidos a réximes de calidade e favorecen a innovación e a implantación de novos produtos. Ao mesmo tempo, impulsan o incremento da dimensión empresarial, potencian a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor e impulsan os investimentos e comercialización e promoven a introdución das tecnoloxías dixitais.
Por outra banda, a liña de axudas para a promoción do sector vitivinícola en terceiros países resolveuse con 13 entidades beneficiarias -integramente nas provincias de Pontevedra e Ourense- e un importe total de 1,3 millóns de euros. Estas achegas teñen como fin promocionar o coñecemento das características e calidade dos viños galegos para contribuír á mellora da súa competitividade.
Ligazón á resolución das axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250226/AnuncioG0426-130225-0002_gl.html
Ligazón á resolución das axudas para promoción do sector vitivinícola en terceiros países no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250226/AnuncioG0426-130225-0001_gl.html