López Campos salienta as medidas da Xunta para implicar as novas xeracións nun maior emprego e prestixio do galego

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Destaca o pulo do Goberno autonómico a estas propostas que incentivan o uso do noso idioma nos espazos sociais, presenciais e dixitais, onde a rapazada se relaciona
  • Agradece a implicación do profesorado nesta tarefa colectiva, como reflicten as cualificacións académicas nesta materia similares ás de Lingua Castelá
  • O representante do Goberno galego pon en valor que practicamente o 100 % da poboación sabe ler, escribir ou falar na nosa lingua
  • A Enquisa sobre a percepción social do galego recolle que a maioría das familias non faría cambios no modelo lingüístico na escola e que só un 1 % aposta pola inmersión

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe as propostas que está levando a cabo a  Xunta para implicar as xeracións máis novas "nun maior emprego e prestixio do galego". Fíxoo durante a celebración do III Encontro 21 días co galego e +, actividade lúdica na que estaban convidados preto de 4.000 rapaces, mestres e persoal administrativo e de servizos da decena de centros educativos de toda Galicia. Todos eles participaron este ano na sétima edición deste programa de dinamización lingüística, impulsado polo Goberno autonómico.

Precisamente, López Campos apuntou "o importante papel" que xoga este iniciativa para incrementar o uso da nosa lingua entre a cativada, xa que lembrou que durante tres semanas consecutivas alumnado de Educación Infantil e Primaria destes centros "desenvolveron as actividades de lecer  en galego". Así, entre o 31 de xaneiro e ata o pasado 21 de febreiro, participaron en obradoiros de regueifas, contacontos e espectáculos musicais. Ademais, contouse coa implicación dos programas Galicia por diante, da Radio Galega, cunha sección diaria dedicada a esta medida, e do Dígocho eu!, da CRTVG, que celebrou encontros co alumnado.

O representante do Goberno galego celebrou este tipo de accións que "conseguen impulsar unha maior presenza do galego nas propostas de lecer entre a xente máis nova, dentro e fóra das aulas". "É neste tipo de proxectos nos que estamos traballando para transmitirlle á rapazada o amor pola nosa lingua mentres se divirten coa cultura e socialización co seus", apuntou.

Implicación do profesorado

O conselleiro de Cultura tirou proveito deste encontro coa comunidade educativa para agradecerlles ao profesorado a súa "total implicación" na posta en marcha deste programa, unha involucración dos mestres que ampliou "a todo tipo de iniciativas a prol do galego". Ao respecto, considerou que desta entrega "dan perfecto testemuño" as cualificacións académicas, en equilibrio coas de Lingua Castelá, e tamén o feito de que "en Galicia contemos cun alumnado con plenas competencias no seu uso".

Neste senso, incidiu en que, nas diferentes etapas educativas de Primaria, Secundaria e Bacharelato, se están rexistrando puntuacións similares entre as materias de Lingua Castelán e Lingua Galega, "amosando unha total destreza nas dúas". Ademais, subliñou que os datos ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística tamén reflicten que "practicamente o 100 % da poboación saben ler, escribir ou falar en galego".

Por outra banda, lembrou que a Enquisa sobre a percepción social do galego elaborada polo Instituto Sondaxe recolle que, en xeral, as familias están satisfeitas o moi satisfeitas co uso do galego no sistema educativo e que a maioría das consultadas —1200 con fillos e fillas en Primaria e Secundaria— rexeita cambios nas porcentaxes do uso do galego no ensino. "Só un 1 % aposta pola inmersión lingüística", remarcou o responsable de Cultura, Lingua e Xuventude do Goberno galego.

Centros voluntarios participantes

Neste curso, o programa 21 días co galego e + , impulsado en colaboración coa consellería de Educación, Ciencias, Universidade e Formación Profesional, desenvolveuse nos colexios Francisco Vales Villamarín (Betanzos), Emilio González López (Cambre) e o La Grande Obra de Atocha (A Coruña), na provincia da Coruña; no Albeiros e no Illa Verde en Lugo; no Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) e no Manuel Respino (A Rúa), na provincia de Ourense, e no centro do Carballal (Marín), no de Sequelo (Marín) e no Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas), da provincia de Pontevedra.

Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no Instituto da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola secretaría xeral da Lingua e a el adhírense os centros educativos de xeito voluntario.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 25/02/2025
921070 {"title":"López Campos salienta as medidas da Xunta para implicar as novas xeracións nun maior emprego e prestixio do galego","published_date":"2025-02-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/160707-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"921070"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-25/921070-lopez-campos-salienta-as-medidas-da-xunta-implicar-as-novas-xeracions-nun-maior-emprego-e-prestixio-do-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.