López Campos salienta a importancia de impulsar o galego nas propostas de lecer para a rapazada dentro e fóra das escolas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Fai fincapé na relevancia de accións que fagan incrementar o uso do noso idioma nos espazos sociais, presenciais e dixitais, onde as novas xeracións se relacionan
  • Agradece a implicación do profesorado nesta tarefa colectiva, como reflicten as cualificacións académicas nesta materia similares ás de Lingua Castelá
  • O representante do Goberno galego pon en valor que practicamente o 100 % da poboación sabe ler, escribir ou falar na nosa lingua
  • A Enquisa sobre a percepción social do galego recolle que a maioría das familias non faría cambios no modelo lingüístico na escola e que só un 1 % aposta pola inmersión 

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe a importancia de impulsar unha maior presenza do galego nas propostas de lecer para a rapazada, dentro e fóra das aulas, para incrementar o seu uso e prestixio. Fíxoo durante a clausura no colexio do Carballal en Marín do programa de dinamización lingüística 21 días co galego e+, cuxo remate sempre se fai coincidir coa data de celebración do Día da Lingua Materna, e no que estivo acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García.

Consecuentemente, considerou "imprescindible" fornecer o seu uso nos espazos de socialización, presenciais e dixitais, onde as novas xeracións máis se relacionan. Por estes motivos, puxo en valor o "importante papel" que para este obxectivo xoga o programa 21 días co galego e+, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencias, Universidades e Formación Profesional. 

Esta iniciativa, posta en marcha o pasado 31 de xaneiro, desenvolveu durante tres semanas consecutivas obradoiros de regueifas, contacontos e actuacións musicais na nosa lingua nunha decena de centros de Educación Infantil e Primeira das catro provincias, contando coa implicación de preto de 4.000 persoas entre alumnado, profesorado e persoal administrativo e servizos.

Neste senso, López Campos agradeceu a implicación e o traballo do profesorado a prol do galego e considerou que esta entrega se reflicte tamén, tanto nas cualificacións académicas, "en equilibrio coas de Lingua Castelá", como no feito de que "se está a demostrar que están garantidas as plenas competencias no seu uso".

Ao respecto, apuntou que, nas diferentes etapas educativas de Primaria, Secundaria e Bacharelato, se están rexistrando puntuacións similares entre as materias de Lingua Castelán e Lingua Galega, "amosando unha total destreza nas dúas". Ademais, subliñou os datos ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística que reflicten que "practicamente o 100 % da poboación saben ler, escribir ou falar en galego".

Cómpre lembrar que a Enquisa sobre a percepción social do galego elaborada polo Instituto Sondaxe recolle que, en xeral, as familias están satisfeitas o moi satisfeitas co uso do galego no sistema educativo e que a maioría das consultadas —1200 con fillos e fillas en Primaria e Secundaria— rexeita cambios nas porcentaxes do uso do galego no ensino. "Só un 1 % aposta pola inmersión lingüística", remarcou o responsable de Cultura, Lingua e Xuventude do Goberno galego.

III 'Encontro 21 días co galego e +'

Baixo o lema Medrando en galego, o alumnado dos colexios que tomaron parte nesta sétima edición intensificaron a súa expresión en galego durante estes 21 días cun obradoiro de regueifa impartido por Lupe Blanco, un contacontos a cargo de Celso Sanmartín e o espectáculo musical A voar de César Freirías Prado e a Cé Orquestra Pantasma. 

O desenvolvemento de todas estas propostas quedarán nas redes sociais do programa e no seu blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa, onde se foron mostrando as creacións. Ademais, durante as tres fins de semana de duración do programa publicouse contido lúdico para que as familias continuasen o labor iniciado nos centros.

21 días co galego e + mantivo a colaboración co programa Galicia por diante, da Radio Galega, onde tivo unha sección diaria de luns a xoves, e co programa Dígocho eu!, da CRTVG, que celebrou encontros co alumnado dos 10 centros educativos. O alfinete de ouro da edición porao de novo o III Encontro 21 días co galego e +, que reunirá o vindeiro 25 de febreiro o alumnado e profesorado de todos os centros participantes no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela para compartir as súas experiencias nunha sesión lúdica. 

Centros voluntarios participantes

Neste curso, o programa desenvolveuse nos colexios Francisco Vales Villamarín (Betanzos), Emilio González López (Cambre) e o La Grande Obra de Atocha (A Coruña), na provincia da Coruña; no Albeiros e no Illa Verde en Lugo; no Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) e o Manuel Respino (A Rúa), na provincia de Ourense, e no centro do Carballal (Marín), de Sequelo (Marín) e no Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas), da provincia de Pontevedra.

Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no Instituto da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola secretaría xeral da Lingua e a el adhírense os centros educativos de xeito voluntario. 

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 21/02/2025
915503 {"title":"López Campos salienta a importancia de impulsar o galego nas propostas de lecer para a rapazada dentro e fóra das escolas","published_date":"2025-02-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/159642-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"915503"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-21/915503-lopez-campos-salienta-importancia-impulsar-galego-nas-propostas-lecer-rapazada-dentro-e-fora-das-escolas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.