A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo celebra a súa 'I International Week of Arts and Design'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de FP inaugura a iniciativa, que combina actividades formativas, expositivas e de promoción do alumnado, culminando coa Gala Despunte

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2025
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participou hoxe na inauguración I International Week of Arts and Design da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo celebrado na Facultade de Filosofía, e puxo en valor o labor da Escola na organización destas xornadas que contan cun programa de conferencias, exposicións e actividades de promoción do talento.
"Estamos nun momento no que hai que visibilizar o traballo realizado en Galicia", subliñou a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, destacando que "iniciativas como esta reforzan a formación artística e potencian a inserción profesional do alumnado". Ademais, reafirmou o compromiso da Xunta coa profesionalización dos estudantes e lembrou que, desde este curso, as ensinanzas artísticas superiores contan coa gratuidade da matrícula.
I International Week of Arts and Design
A I International Week of Arts and Design conecta a comunidade educativa co sector empresarial. O evento inclúe conferencias internacionais, unha xornada de recrutamento de talento e a Gala Despunte, que chega á súa 15ª edición. Ademais, promove a internacionalización grazas á participación de docentes e relatores de países como Albania, Xeorxia, Mozambique, Cabo Verde, Gran Bretaña e Italia.
O programa arrancou o luns coa recepción do profesorado Erasmus incoming, seguida da I International Conferences of Fashion Design, onde expertos abordaron as tendencias e desafíos do sector. A sesión contou coa intervención de Marcos Batuecas, directivo de Lacoste; Pedro Mansilla, sociólogo e crítico de moda; e Silvia Scudella, deseñadora multidisciplinar. Esta primeira xornada estivo dirixida ao alumnado e profesorado do Grao en Deseño de Moda.
Este martes foi a quenda da I International Conferences of Product Design, que reuniu especialistas do ámbito do deseño de produto, como Sinézio Mucoque, profesor na Universidade Eduardo Mondlane de Maputo; Paolo dell'Ellce, deseñador de produto en David Chipperfield Architects; e Paula Camiña Eiras, biodeseñadora e enxeñeira de deseño industrial. Pola tarde, inaugurase na Fundación Eugenio Granell a exposición Despunte, onde o alumnado da escola expón os seus proxectos máis destacados.
A programación continuará o mércores coa Mostra dos Oficios Artísticos. As propias instalacións da escola contarán cun espazo onde centros de secundaria, bacharelato e público xeral poderán coñecer de preto técnicas de fotografía, escultura e xoiaría artística.
O xoves celebrarase a Xornada de Recrutamento de Talento na Cidade da Cultura, onde empresas do sector, entre elas Coosy, El Pulpo, Adolfo Domínguez, Paudepedra, Santos e Tecnologías Marinas, entrevistarán alumnado da escola en busca de novos profesionais. A xornada culminará, coa Gala Despunte, un desfile, que terá lugar tamén na Cidade da Cultura, no que se presentarán os mellores traballos do alumnado e a entrega dos premios
A I International Week of Arts and Design da Escola de e Superior de Deseño Mestre Mateo reafirma o seu compromiso coa excelencia na formación artística, a proxección internacional e a empregabilidade do seu alumnado. Por iso, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, destaca o papel fundamental destas iniciativas para o desenvolvemento cultural e económico da comunidade.