A Xunta autoriza a nova convocatoria do Bono alugueiro mocidade dotada cun orzamento de preto de 13 M€ durante dous anos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Rueda explica que o prazo para solicitar esta achega de 250 € ao mes abrirase o vindeiro día 28 de febreiro e estenderase ata o 28 de marzo
  • Ademais de ser menor de 36 anos no momento de pedila, as persoas beneficiarias deberán dispor dunha fonte regular de ingresos e acreditar que estes non superan 3 veces o IPREM
  • A Xunta lamenta a tardanza na transferencia estatal do crédito desta convocatoria, que ademais é insuficiente, tendo en conta que se corresponde coa metade do asignado en 2022, é dicir, tan só 5,7 M€ cada exercicio
  • A  liberación dos novos fondos fai posible que a Xunta lance agora esta convocatoria de axudas, con 11,4 M€ que corresponden á nova achega estatal, e complementa estes fondos a Xunta coa achega de algo máis de 1,5 M€

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello acordou convocar unha nova edición do "Bono alugueiro mocidade" por un importe de preto de 13 millóns de euros. Tal e como explicou a apertura do prazo de presentación de solicitudes comezará "o vindeiro día 28 de febreiro" e prolongarase durante un mes, é dicir, remata o 28 de marzo.

O obxectivo deste programa é facilitarlles aos mozos e mozas menores de 36 anos o pagamento da renda da súa vivenda habitual cunha axuda de 250 euros ao mes, sempre e cando esta contía non supere o importe que aboan en concepto de arrendamento.

Trátase de facilitarlle o acceso a unha vivenda en réxime de alugamento ou de cesión de uso á xente nova con menos ingresos económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.

A subvención concederáselles por un período de dous anos, coa posibilidade de recoñecer o dereito á axuda desde o 1 de xaneiro, sempre que o contrato estivese vixente nesa data.  Para contratos  asinados con posterioridade, concederase desde a data do contrato, sen que poidan concederse con posterioridade ao 31 de decembro do 2026.

Para poder acceder a estes incentivos, Rueda explicou que ademais de "ser menores de 36 anos" no momento de pedir a axuda, os solicitantes deberán dispor dunha fonte regular de ingresos, "acreditar que estes non superan 3 veces o Iprem (25.200 euros)" e certificar que a vivenda en cuestión é a súa residencia habitual, entre outros requisitos.

En canto ao importe da renda de alugueiro, non poderá superar os 700 euros nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra. No caso dos municipios de Lugo, Ferrol e as contornas da cidades, esas contías máximas oscilarán entre os 600 e 500 euros. No resto dos concellos, a renda de alugueiro das vivendas non poderá exceder os 400 euros.  Inclúese o cadro do importe da renda mensual de alugamento.

Antecedentes

O Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono alugueiro mocidade e o Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 prevén que o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana lles transferirá fondos ás comunidades autónomas, que son as encargadas da convocatoria e xestión da axuda.

Así, a Xunta publicou en xuño do 2022 a convocatoria das subvencións do Programa de bono alugueiro mocidade, cunha dotación de 22,8 M€, a metade para 2022 e a outra metade para 2023. Baixo esta convocatoria concedéronse 5.253 axudas e esgotouse o orzamento.

A nova convocatoria

Na Conferencia Sectorial de Vivenda e Axenda Urbana convocada polo Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana o 3 de outubro do ano pasado acordouse, por unanimidade, unha nova distribución entre as comunidades autónomas dos fondos do bono alugueiro mocidade, e o Ministerio negoues a atender a solicitude de modificar o real decreto que establece as bases para evitar os problemas da convocatoria de 2022, na cal quedaron sen axuda persoas que cumprían os requisitos.

A realización no mes de outubro da conferencia sectorial fixo imposible realizar a convocatoria da axuda en 2024, que sería factible de se ter realizado esta a comezos de ano. Deste xeito, a distribución de fondos foi aprobada polo Consello de Ministros o 15 de outubro, e posteriormente pola Conferencia Sectorial de Vivenda e Axenda Urbana.

Este fondos foron liberados en decembro de 2024, o que posibilita que agora a Xunta lance esta nova convocatoria de axudas, que sairá publicada cunha dotación de case 13 M€. Dese total, 11.400.000 euros corresponden á nova achega do Ministerio e resulta ser exactamente a metade do asignado en 2022.

A Xunta complementará eses fondos, ata acadar os preto de 13 M€, coa achega de 1.554.936 euros do remanente da convocatoria de 2022. Estes fondos corresponden a renuncias de adxudicatarios que finalmente non presentaron as xustificación correspondentes para o seu cobramento, polo que agora se incorporarán nesta nova convocatoria, autorizada hoxe no Consello da Xunta.

Rueda indicou que o Goberno galego lamenta a tardanza na transferencia estatal do crédito desta convocatoria, que ademais é insuficiente, tendo en conta que se "corresponde coa metade do asignado en 2022", é dicir, tan só 5,7 M€ cada exercicio.

 
Importe da renda mensual máxima

Zona territorial

Concellos

 

Da vivenda

 

Prezo máximo superior

700

A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra.

Municipios de zona territorial 1

600

Ames, Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros e Ribeira.

Lugo.

A Estrada, Cangas, Lalín, Marín, O Porriño, Ponteareas, Redondela e Vilagarcía de Arousa

500

Ares, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cedeira, Cee, Fene, Melide, Mugardos, Neda, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Sada e Teo.

Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.

Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.

Baiona, Bueu, Cambados, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Pontecesures

Sanxenxo, Tui e Vilanova de Arousa

Municipios de zona territorial 2

400

O resto de concellos de Galicia.

       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 17/02/2025
908618 {"title":"A Xunta autoriza a nova convocatoria do Bono alugueiro mocidade dotada cun orzamento de preto de 13 M€ durante dous anos","published_date":"2025-02-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/158422-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"908618"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-17/908618-xunta-autoriza-nova-convocatoria-do-bono-alugueiro-mocidade-dotada-cun-orzamento-preto-13-m-dous-anos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.