A Xunta convida as familias a celebrar o entroido no Gaiás cun baile de disfraces inspirado no mundo literario de Oz e cun concerto de Paco Nogueiras

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Cidade da Cultura organiza o día 3 de marzo unha tarde de festa ao redor da obra clásica do autor estadounidense L. Frank Baum
  • O programa inclúe música, animación, un desfile e un concurso, onde se repartirán agasallos ás vestimentas máis divertidas e orixinais
  • O músico compostelán Paco Nogueiras ofrecerá un espectáculo cheo de humor e ritmo onde non faltarán os seus temas máis coñecidos

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2025

A Xunta de Galicia celebrará o Entroido na Cidade da Cultura de Galicia cun baile de disfraces para público familiar inspirado no imaxinario dunha das sagas literarias máis recoñecidas e queridas por público infantil e xuvenil de todo o mundo, O Marabilloso Mago de Oz, escrita polo autor estadounidense L. Frank Baum.

Baixo o título Entroido no Monte Esmeralda, a tarde do luns, 3 de marzo, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude organizará no Gaiás un programa familiar que inclúe un desfile e concurso de disfraces e un concerto de Paco Nogueiras, que coa súa proposta musical en galego para público miúdo poñerá a bailar a grandes e pequenos.

En concreto, o festexo arrancará ás 16,30 horas con animación e sesión DJ e continuará ás 17,30 horas coa música de Paco Nogueiras e o seu espectáculo C@nto Contigo. Esta proposta chea de ritmo e humor percorre os traballos máis coñecidos do músico compostelán: Brinca Vai! e Radio Bulebule, ambos os dous Premio Martín Códax da Música na categoría Infantil no ano 2016 e 2021, respectivamente, e Extra!. Todos eles están baseados nos libros dos mesmos títulos, editados por Kalandraka.

Acompañado dos seus instrumentos, Paco Nogueiras mestura unha ampla variedade de estilos musicais, do techno ao rock, pasando polo reggae ou a electrónica, sen esquecer as influencias da tradición galega. A rapazada poderá cantar e bailar nunha viaxe musical na que o público é parte activa dunha experiencia ateigada de enerxía e diversión na nosa lingua.

Desfile e concurso de disfraces

Tras o concerto, ás 18.30 horas, comezará o desfile e concurso de disfraces que, acorde coa temática escollida para este ano, estará inspirado no mundo do país de Oz, poboado por personaxes coñecidos polo público infantil como o espantallo, o home de folla de lata, o  león covarde, as malvadas bruxas do Leste e do Oeste ou o propio mago de Oz.

A Consellería de Cultura anima o público a acudir ao baile ataviado de acordo a esta temática pois esta será, xunto á orixinalidade e do ao humor, un dos puntos máis valorados polo xurado para elixir as mellores propostas do concurso de disfraces deste Entroido no Monte Esmeralda. As persoas gañadoras levarán un agasallo especial do músico Paco Nogueiras, ademais dun lote de libros en galego.

As entradas teñen un prezo de 3 euros (máis gastos de xestión) e xa están á venda no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás ou en liña a través da web da Cidade da Cultura e en Ataquilla.com.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/02/2025
908353 {"title":"A Xunta convida as familias a celebrar o entroido no Gaiás cun baile de disfraces inspirado no mundo literario de Oz e cun concerto de Paco Nogueiras","published_date":"2025-02-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/157834-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"908353"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-16/908353-xunta-convida-as-familias-celebrar-entroido-gaias-cun-baile-disfraces-inspirado-mundo-literario-oz-e-cun-concerto-paco-nogueiras https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.