A Xunta reforza a promoción nacional e internacional de Galicia nos mercados holandés e alemán e na oferta de turismo interior e de natureza

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Acudirá ás citas de Fiets en Wandelbeurs, f.re.e 2025, FIO, Feira Internacional de Ornitoloxía e Navartur
  •  
  • Nestas feiras difundirase a oferta de turismo auténtico, que integra os valores naturais e culturais con propostas propias 
Imagen del artículo A Xunta reforza a promoción nacional e internacional de Galicia nos mercados holandés e alemán e na oferta de turismo interior e de natureza
Santiago, 15 de febreiro de 2025

Utrecht, Múnich, Monfragüe e Navarra serán os próximos destinos nos que estará presente Turismo de Galicia na súa aposta pola promoción da oferta turística galega nas feiras do sector, unha das liñas de actuación da Estratexia de Turismo de Galicia 2030. Durante os últimos 15 días do mes, a Xunta terá presencia nas feiras de Fiets en Wandelbeurs, f.re.e 2025,  Feira Internacional de Ornitoloxía (FIO), e Navartur. Nestas citas difundiras a proposta de turismo diferencial, sustentable e de calidade que se promove desde o organismo. 

A primeira das citas da segunda quincena de febreiro é a feira de turismo ao aire libre, cicloturismo e sendeirismo Fiets en Wandelbeurs, que se celebra esta fin de semana en Utrecht, nos Países Baixos. Esta será a primeira vez que participe Turismo de Galicia no evento, ao que se chega co obxectivo de fortalecer a difusión da oferta vinculada aos recursos naturais e culturais, así como o relacionado cos Camiños de Santiago, en mercados internacionais. Especialmente no país organizador, posto as persoas desta rexión buscan experiencias significativas, nas que se mesturen o turismo de natureza coa cultura ou a enogastronomía.

En concreto, Galicia conta cun módulo dentro do stand de Turespaña da feira, que está dirixida a profesionais e público final e que na súa pasada edición recibiu a visita de 26.594 persoas.

Desde o 19 de febreiro e ata o día 23 celébrase en Múnich f.re.e 2025. Esta é unha das feiras de turismo máis antigas do mundo e organizada de forma continuada desde 1970. A representación galega cobra especial importancia cando se ten en conta que Alemaña é o terceiro mercado internacional en termos de turismo para Galicia. Só en 2024, as persoas chegadas deste país incrementáronse nun 5%, na busca dun turismo de natureza tranquilo e respectuoso, tamén con inquedanzas culturais e etnográficas.

Centrada no público final, ata 140.000 persoas visitaron a feira en 2024. Turismo de Galicia participa cun módulo dentro do stand de Turespaña, coordinado pola oficina española de turismo de Múnich. 

Feiras dentro de España

Do 21 ao 23 de febreiro celébranse en España dúas feiras de turismo senlleiras. No seu 20 aniversario FIO 2025, a Feira Internacional de Ornitoloxía, achega ao Parque Nacional de Monfragüe, en Serradilla, Cáceres, distintas propostas relacionadas co turismo ornitolóxico. Un tipo de ocio no que Galicia comeza a destacar como destino diferencial dentro da oferta española clásica. No seu espazo na mostra, a axencia promocionará as cerca de 150 rutas e 600 puntos de interese para a observación de aves na Comunidade, xunto cos recursos e produtos relacionados coa natureza e os Camiños de Santiago.

O pasado ano, FIO recibiu máis de 18.000 visitantes, o que a confirma como a máis relevante de España na súa especialidade. A feira integra a zona expositiva cun programa de actividades, como conferencias, obradoiros e exposicións fotográficas, así como unha Bolsa de Contratación. Esta última céntrase na organización de encontros B2B de 15 minutos para favorecer oportunidades de negocio ás empresas que ofrecen servizos especializados en turismo ornitolóxico e natureza con compradores de España e outros países. 

En Navarra, Navartur chega á súa 19 edición. Con un longo percorrido de participación, este ano Turismo de Galicia leva un stand de deseño de 48m2, baixo a mensaxe de '¡YA ESTÁS EN GALICIA!'. A través deste espazo, búscase transmitir os atractivos do destino  e amosar, así, as características que definen a experiencia, como a tranquilidade ou a boa acollida ás persoas visitantes. Ademais, presentarase a variedade da oferta turística da rexión, entre a que o turismo enogastronómico, familiar e de comunión coa natureza teñen un papel destacado, xunto coa oferta singular que supoñen os Camiños de Santiago. 

A mostra, que se celebra no Palacio de Congresos Baluarte, está aberta a público profesional e xeral e conta cunha grande afluencia, entre a que destacan os perfís de consumidores finais.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 15/02/2025
906937 {"title":"A Xunta reforza a promoción nacional e internacional de Galicia nos mercados holandés e alemán e na oferta de turismo interior e de natureza","published_date":"2025-02-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/157709-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"906937"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-15/906937-xunta-reforza-promocion-nacional-e-internacional-galicia-nos-mercados-holandes-e-aleman-e-na-oferta-turismo-interior-e-natureza https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.