A Xunta destina máis de 120.000 € a actuacións na Serra da Enciña da Lastra a través do seu plan integral de acción na rede galega de parques naturais

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez avanza que este ano se executarán labores silvícolas para a recuperación e mellora dos hábitats de soutos e aciñeirais característicos deste parque e que incluirán rozas, podas e plantación de novos exemplares de castiñeiros
  • Tamén se realizará un inventario para catalogar os fungos filamentosos da Enciña da Lastra, que a pesar da súa singularidade e variedade apenas están estudados
  • Entre os traballos executados recentemente, a responsable autonómica salienta a renovación da área de lecer da contorna do centro de visitantes e a recuperación dos muros de mampostería nesta mesma zona da Nogal, na parroquia de Biobra
  • Cun investimento de 18,5 M€, o plan está conformado por 30 actuacións entre investimentos, obras, proxectos de investigación, ordes de axudas e proxectos ata o ano 2026 nos seis parques naturais e mais no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Rubiá (Ourense), 14 de febreiro de 2025

A Xunta de Galicia ten reservado un orzamento de algo máis de 120.000 euros para financiar diferentes actuacións e proxectos dentro do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, algunhas delas xa en execución e outras a impulsar entre este ano e 2026.

Durante unha visita a este espazo protexido, localizado no concello de Rubiá, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que os traballos previstos se enmarcan no plan integral de acción para a posta en valor e mellora da Rede galega de parques naturais, un conxunto de medidas impulsado polo seu departamento co fin de contribuír á súa preservación e conservación, ao tempo que se dá a coñecer o seu papel como elemento clave para incrementar a resiliencia de Galicia fronte ao cambio climático e os seus efectos.

Tras indicar que o plan abrangue os seis parques naturais da Comunidade e mais o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a responsable autonómica avanzou as principais actuacións programadas na Serra da Enciña da Lastra.

En concreto, anunciou que este ano se executarán diversas actuacións silvícolas (incluíndo rozas, podas e plantación de novos exemplares) para avanzar na recuperación e mellora do estado dos hábitats de soutos e aciñeirais, tan característicos deste parque.

Neste sentido, cómpre subliñar que esta zona atesoura bosques dominados polo castiñeiro que ocupan importantes extensións da superficie total do parque. Así, tendo en conta as características intrínsecas dos soutos e a súa condición de hábitat seminatural de interese comunitario, realizaranse traballos para a recuperación ambiental mediante tratamentos silvícolas que axuden á rexeneración natural destes espazos, cun investimento de 50.000 euros.

Outro dos proxectos previstos para este ano é a elaboración dun catálogo da macromicobiota do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, que estudará os fungos filamentosos deste espazo protexido, dos que case non se teñen realizado estudos. A información inventariada servirá para avanzar no recoñecemento da biodiversidade deste espazo protexido e tamén para facer aportacións ao catálogo da macromicobiota da provincia de Ourense e de Galicia.

Así mesmo, a conselleira tamén se referiu aos principais traballos executados recentemente neste mesmo espazo natural. En concreto, puxo en valor a renovación da área de lecer da contorna do centro de visitantes, coa colocación de novos valados e mesas e un investimento realizado de 16.000 euros, e tamén a recuperación dos muros de mampostería nesta mesma zona da Nogal, na parroquia de Biobra, uns traballos executados polo Concello de Rubiá grazas a unha axuda da Xunta de 40.000 euros.

Neste sentido, sinalou a importancia deste parque natural desde o punto de vista da flora e da fauna —de feito, é o que ten maior número de aves nidificantes (máis dun centenar)— e confiou en que grazas ao plan integral que impulsa o seu departamento, se dea a coñecer aínda máis entre galegos e visitantes.

18,5 M€

Cun investimento de 18,5 millóns de euros para o período 2024-2026, o plan integral para a rede galega de parques naturais está conformado por una trintena de actuacións entre investimentos, obras, proxectos de investigación, ordes de axudas e proxectos nos seis parques naturais e no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Nel inclúense tanto accións puntuais para cada un destes espazos como outras medidas transversais que beneficiarán ás sete zonas protexidas e incidirán na sinalización, na divulgación e coñecemento sobre os seus principais valores e na mellora ambiental e paisaxística, entre outras cuestións.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/02/2025
905087 {"title":"A Xunta destina máis de 120.000 € a actuacións na Serra da Enciña da Lastra a través do seu plan integral de acción na rede galega de parques naturais","published_date":"2025-02-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/157515-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"905087"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-14/905087-xunta-destina-mais-120-000-actuacions-na-serra-da-encina-da-lastra-traves-do-seu-plan-integral-accion-na-rede-galega-parques-naturais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.