A Xunta adxudica por preto de 4,1 M€ as obras de 20 vivendas de promoción pública no barrio San Eleuterio-Tameiga, en Mos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Trátase de construír un novo edificio de tres plantas con vivendas de entre dous e catro dormitorios
- Habilitaranse 29 prazas de garaxe e 20 rochos
- Os diversos espazos comunitarios organizaranse ao redor de dous patios centrais, que permitirán a entrada de luz natural e a mellor ventilación das vivendas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2025
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar por un importe de 4.098.570,30 € as obras de construción dun edificio para 20 vivendas de promoción pública no barrio de San Eluterio-Tameiga, no concello de Mos. O contrato de obras foi adxudicado á empresa Extraco, Construcións e Proxectos, S.A, e conta cun prazo de execución 16 meses.
A Xunta financia nun 80,18 por cento a obra de edificación, que é cofinanciada nun 19,82 por cento de fondos europeos a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Ao custe das obras de urbanización hai que sumar máis de 243.000 euros de redacción de proxecto e traballos técnicos, que financia integramente a Xunta con fondos propios, e o custe da parcela, cedida polo concello.
A Xunta construirá un novo edificio que contará cunha planta de soto, planta baixa e tres plantas altas. Das citadas 20 vivendas, unha será adaptada, e o inmoble contará con 29 prazas de garaxe e 20 rochos. A nova promoción pública neste municipio pontevedrés localízase na parcela 702 do polígono 52 do Barrio San Eleuterio-Tameiga.
En concreto, a planta soto, con acceso desde a vía A do polígono de San Eleuterio, destinarase a 20 prazas de garaxe, 20 rochos e cuartos de instalacións. Haberá outras 9 prazas de aparcamento en superficie. Así mesmo, na planta baixa, ademais do portal, habilitaranse catro vivendas (unha delas adaptada a persoas con mobilidade reducida), un núcleo de comunicación vertical, instalacións e un patio.
Nas plantas primeira a terceira distribuiranse o resto das vivendas, catro na primeira planta e seis nas plantas superiores. As nove prazas de garaxe restantes sitúanse en superficie, dentro da propia parcela da edificación.
Das 20 vivendas, dúas disporán de 4 dormitorios, cunha superficie útil de 117,42 m²; outras 14 contarán con 3 dormitorios (unha delas adaptada a persoas con mobilidade reducida), cunha superficie útil que oscilará entre os 95,22 m² e 114,78 m²; e 4 vivendas terán 2 dormitorios, cunha superficie útil de 69,87 m².
A edificación proxectada organizará as vivendas e os diversos espazos comunitarios arredor de dous patios centrais, que permiten a entrada de luz natural e melloran a ventilación das vivendas á vez que se favorece a relación co espazo exterior.
Esta promoción insírese no compromiso da Xunta de duplicar o parque público de vivenda na actual lexislatura, para o que xa están en distintas fases de execución máis de 2.000 vivendas, con licitacións por un importe que supera os 200 millóns de euros.