A Xunta actualiza a zona demarcada do nematodo do piñeiro das Neves e a aplicación de medidas de contención en áreas de Pontevedra e Ourense

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Estas medidas adóptanse porque, malia as actuacións realizadas, non foi posible erradicar este organismo nocivo e constatouse que a súa presenza foi continuada e progresiva e que o número de positivos foi en crecemento, sobre todo desde o 2018
  • Decláranse, consonte á normativa da UE, medidas de control na zona demarcada das Neves e, ao tempo, unha nova zona demarcada neste concello pontevedrés, suxeita a medidas de contención, que substitúe á anterior área de erradicación
  • A nova zona demarcada estará formada por unha área infestada e outra tampón de 20 quilómetros ao redor dela

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se declara a contención na zona demarcada das Neves (Pontevedra) do nematodo do piñeiro e, ademais, establécese a nova zona demarcada e as medidas para o control deste organismo de corentena. Esta norma publícase porque, malia as actuacións realizadas, non foi posible erradicar este organismo nocivo e constatouse que a súa presenza foi continuada e progresiva e que o número de positivos foi en crecemento, especialmente a partir do 2018.

Consonte a esta circunstancia, na resolución declárase, con base ao establecido na normativa comunitaria, a aplicación das medidas de contención na zona demarcada das Neves. Ao tempo, establécese unha nova zona demarcada neste mesmo concello, suxeita a medidas de contención, que substitúe á anterior área de erradicación. A nova zona demarcada estará formada por unha área infestada e outra tampón de 20 quilómetros ao redor da infestada. Na propia resolución pódese consultar o mapa con esta zonificación.

No mapa, a área infestada correspóndese coa delimitada dentro da liña vermella e a tampón, coa azul.

Así mesmo, na resolución defínense os concellos total ou parcialmente incluídos na zona demarcada.

Concellos total ou parcialmente incluídos na zona infestada:

A Cañiza, A Guarda, Arbo, As Neves, Baiona, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Vigo, na provincia de Pontevedra.

Concellos total ou parcialmente incluídos na zona tampón:

A Arnoia, Avión, Bande, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Cortegada, Entrimo, Gomesende, Leiro, Lobeira, Lobios, Melón, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, Toén e Verea, na provincia de Ourense.

A Cañiza, Bueu, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Pazos de Borbén, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo e Vilaboa, na provincia de Pontevedra.

Neste territorio da zona demarcada deberán executarse unha serie de medidas de contención que se explican na resolución. Algunhas delas obrigatorias, como, entre outras, as que teñen os propietarios das parcelas ou as administracións implicadas da zona infestada de cortar todas as árbores sensibles nas que se detecte a presenza do nematodo, así como de retirar e eliminar as plantas cortadas e os restos de corta tomando todas as precaucións necesarias para evitar a propagación do organismo e os seus vectores.

Ademais, os propietarios das parcelas ou as administracións implicadas da zona tampón teñen a obriga de identificar e cortar todas as plantas sensibles mortas, con mala saúde, ou afectadas por incendios forestais ou tormentas. A resolución tamén contempla unha serie de condicións para a circulación e traslado tanto das plantas como da madeira e a codia sensibles fóra das zonas demarcadas e de zona infestada á zona tampón.

Ligazón á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250214/AnuncioG0426-060225-0001_gl.html

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/02/2025
903875 {"title":"A Xunta actualiza a zona demarcada do nematodo do piñeiro das Neves e a aplicación de medidas de contención en áreas de Pontevedra e Ourense","published_date":"2025-02-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/156994-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"903875"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-14/903875-xunta-actualiza-zona-demarcada-do-nematodo-do-pineiro-das-neves-e-aplicacion-medidas-contencion-areas-pontevedra-e-ourense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.