Medio Rural destaca a calidade da gastronomía galega no XVI concurso Santiago (é) Tapas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Consellería colabora nesta iniciativa, que se levará a cabo ata o 2 de marzo en preto dun medio cento de establecementos de hostalaría, para promocionar os produtos alimentarios galegos amparados por selos de calidade diferenciada no sector

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu esta mañá á inauguración da XVI do concurso Santiago (é) Tapas organizado polo concello de Santiago de Compostela. Alemparte puxo en valor este tipo de certames, que dan a coñecer a excelencia da calidade gastronómica galega entre o público xeral.
O concurso, que comeza hoxe, alongarase ata o vindeiro domingo 2 de marzo e nel participan preto de medio cento de establecementos de hostalería da cidade compostelá. Como novidade nesta edición, algunha das tapas están elaboradas empregando produtos agroalimentarios galegos amparados por diferentes selos de calidade diferenciada, fomentando o seu consumo.
Con colaboración nesta iniciativa, a Consellería do Medio Rural busca promocionar estes produtos con selos de calidade diferenciada entre a hostalaría. Neste sentido, farase unha entrega dunha destas caixas a cada un dos 42 establecementos participantes no concurso. No acto de hoxe, fíxose entrega ao establecemento La Morena da primeira destas caixas.